Os pensamentos íntimos das sepias

As sepias, tamén chamadas ‘chocos’, son campioas da arte da camuflaxe. Con todo xa non poden esconder os seus pensamentos íntimos grazas a unha técnica que permite coñecer a actividade do seu cerebro estudando os cambios dos patróns de cores da súa pel. Os resultados publicados en Nature o pasado 17 de outubro permitirán coñecer como o seu cerebro controla o seu patrón de cores e por tanto a súa capacidade de camuflarse.

A sepia (Sepia officinalis) mimetízase contraendo os músculos situados arredor de pequenas células coloreadas da pel coñecidas como cromatóforos. Estas células  teñen varias cores e actúan como píxeles no corpo da sepia. Cando cambia o seu tamaño cambia coas cores na pel do animal.

Publicidade

A sepia non sempre iguala o seu patron de cores co fondo ou co ambiente. Ás veces aparecen raias, círculos ou debuxos complicados para que os posibles depredadores ou presas non as vexan. A camuflaxe perfecta consiste en enganar á vista.

Imagen de previsualización de YouTube

Para comprender como se creaban estes patróns de cores na pel das sepias, o neurocientífico Gilles Laurent do Max Planck Institute for Brain Research de Frankfurt, Alemaña, e os seus colaboradores empregaron 20 cámaras para filmar sepias a 60 imaxes por segundo mentres nadaban nos seus tanques e pasaban por distintos fondos como rochas ou imaxes que se pegaron ás paredes do tanque.

Publicidade

A gravación comezou poucos despois de que a sepia saíse do seu ovo e continuou durante semanas. Identificaron ducias de mileiros de cromatóforos individuais e comprobaron como ían aparecendo a medida que o animal crecía. Conseguiron determinar como distintos cromatóforos se sincronizaban pata cambiar o aspecto do animal.

Imagen de previsualización de YouTube

Sabíase que cada cromatóforo é controlado por múltiples neuronas motoras que chegan desde o cerebro ata os músculos da pel e que cada neurona motora controlaba varios cromatóforos. Estes agrúpanse en sistemas motores máis amplos que gobernan o aspecto xeral do corpo da sepia.

Este último estudo amosa como o animal coordina os cromatóforos para imitar a xeometría que lle rodea. Isto permitirá coñecer que neuronas do cerebro controlan a súa camuflaxe. Ata o momento descoñécese como se relaciona o que ve a sepia coa camuflaxe que selecciona a través das neuronas motoras.

A resposta está no cerebro que procesa a información dos ollos e controla os cromatóforos. Segundo os investigadores ten que haber un atallo neurobiolóxico dado que hai tanta información que se necesitaría un supercomputador para as procesar. Para tentar comprender como se produce esta relación entre o cerebro, a coloración e a camuflaxe, os investigadores desenvolveron modelos en computador creando circuítos neuronais artificiais.

Así que por fin saberemos o que pensan as sepias…

Para saber máis:

Elucidating the control and development of skin patterning in cuttlefish

Colorful Cuttlefish and their Creative Camouflage

Antonio Figueras
Antonio Figuerashttp://iim.csic.es/es/estructura/11-inmunologia-y-genomica
Profesor de investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O océano está cheo de oíntes… e a maioría escoita mellor ca nós

O son viaxa aproximadamente 4,5 veces máis rápido en auga de mar que no aire. Por Antonio Figueras

O microbioma do océano: cando un órgano invisible decide quen sobrevive

Non se trata só de microbios illados, senón de comunidades completas de bacterias, virus, arqueas e protistas, xunto coa súa información xenética e os compostos químicos que producen

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Investigadoras galegas revelan que o 70% dos solos europeos están contaminados por pesticidas

O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos