Os bocois do whisky irlandés saen das carballeiras galegas

Os produtores irlandeses Kevin O’Gordman, Paddy Pusher e Curran Finnbar, da empresa Irish Destillers, pertencente á multinacional francesa Pernod Ricard, acaban de completar unha estadía en Lugo para supervisar o estado de diversas carballeiras da provincia previamente seleccionadas polas aptitudes da súa madeira para a elaboración de toneis de whisky.

Deben ser rectos, estar libres de pólas nos primeiros metros e ter un diámetro de alomenos 35cm

çIrish Destillers colabora desde hai anos co grupo GI-1720 BioModem (Modelización, Energía e Mecanización en Biosistemas) da USC, con sede na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, nunha liña de investigación orientada á posta en valor dos recursos forestais de Galicia e ao seu potencial aproveitamento en tonelería.

Publicidade

Acompañados do profesor da EPS de Enxeñaría Pablo Vila Lameiro, así como doutros investigadores do grupo BioModem, os produtores analizaron o estado e a evolución dos traballos que está a desenvolver a USC en colaboración coa súa empresa, ao tempo que planificaron os pasos a dar nos vindeiros meses, proxectos entre os que cómpre salientar a investigación do uso da madeira de castiñeiro en tonelería.

Colaboración co sector do whisky

A xa dilatada colaboración que mantén a compañía Irish Distillers coa EPS de Enxeñaría da USC tense traducido ata o momento no establecemento de contactos con propietarios de carballeiras con superficie e dimensións que resultan interesantes para o seu uso e explotación en tonelería.

Publicidade

Trátase de masas con pés de carballo libres de pólas ata alomenos seis ou sete metros de altura, destacada rectitude do fuste e dimensións mínimas diametrais por enriba dos 35 centímetros. Aínda que este tipo de pés non son os máis abondosos, segundo precisa Vila Lameiro, a boa calidade das masas galegas de carballos asegura abastecemento de materia prima. O aproveitamento destas masas vai sempre acompañado tanto do seu selo de Certificación Forestal FSC como dun Plan de Corta que asegura a persistencia de masa de carballo onde estes pés foron extraídos.

Botellas do whisky madurado nos bocois de carballo galego. Fonte: Irish Destillers.
Botellas do whisky madurado nos bocois de carballo galego. Fonte: Irish Destillers.

O castiñeiro

Outro dos cometidos da presenza desta comitiva irlandesa no campus de Lugo é o de avanzar no potencial uso da madeira de castiñeiro en tonelería. De feito, ben é sabido que a madeira de castiñeira empregouse para a fabricación de grandes barricas desde a época dos romanos ata o século pasado. Sabedores desta tradición, as novas liñas de investigación están van encamiñadas cara a valorar con precisión a aptitude física, mecánica e tecnolóxica para tal uso, unhas prestacións que xa quedaron contrastadas logo dos traballos realizados no último ano.

Reunión en Lugo dos investigadores da USC coa destilería irlandesa. Foto: USC.
Reunión en Lugo dos investigadores da USC coa destilería irlandesa. Foto: USC.

Ante o éxito das pescudas xa realizadas, o grupo BioModem da USC e Irish Distillers acordaron continuar a traballar nos próximos meses na posta en valor das masas de carballo válidas para tonelería mediante unha xestión sostible que asegure a súa renovación, á vez que garante o abastecemento da industria de toneis. Outro dos compromisos adquiridos entre este grupo de investigación da EPS de Enxeñaría de Lugo e a destilería irlandesa é o de dar continuidade aos traballos con castiñeiro, a fin de analizar a aptitude enolóxica da súa madeira a través da análise de compoñentes volátiles que esta madeira pode transmitir aos licores durante o seu proceso de maduración.

A colaboración internacional que manteñen neste eido a USC e Irish Distillers constitúe xa unha iniciativa con ramificacións en empresas da provincia de Lugo e de fóra de Galicia e España. Esta actuación conta asemade co apoio da Deputación Provincial de Lugo, que ve nesta liña de traballo unha oportunidade para dar un maior pulo á xestión sustentable do monte galego, tal e como o subliñou o vicepresidente institución provincial e deputado delegado da área de Medio Ambiente, Argelio Fernández, durante a recepción ofrecida á comitiva irlandesa, un acto no que o responsable político lugués salientou os esforzos que está a realizar o goberno provincial a prol do asociacionismo e da unificación de grupos de propietarios forestais baixo unha mesma figura fiscal e física, unha ferramenta acaída para facilitar a xestión e posta en valor do monte, ademais de para mellorar as condicións de vida en áreas rurais.

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética