Martes 5 Marzo 2024

Mauro Fernández Dabouza, novo director do Centro de Supercomputación de Galicia

O padroado do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) do pasado día 3 de outubro aprobou por unanimidade o nomeamento do novo director-xerente do centro, en substitución de Javier García Tobío, xubilado recentemente. O novo director do centro será Mauro Fernández Dabouza (Dozón, 1962), técnico superior diplomado en Informática da Xunta, que posúe o diploma do Curso Superior en Dirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información (FEGAS) e pertence á Escala Técnica Auxiliar de Informática e ao Corpo Administrativo da Xunta.

Desde agosto de 1985 ata decembro de 1988, Fernández Dabouza foi xefe de informática dun grupo de empresas do sector téxtil galego. En xaneiro de 1989 ingresa na Xunta de Galicia como Técnico Superior Diplomado en Informática (antigo analista-programador) no Centro de Proceso de Datos da Xunta de Galicia (hoxe CIXTEC) dependente da entón Consellería de Economía e Facenda. Desde entón, ata 1995, traballou como técnico de sistemas no centro de proceso de datos da Xunta.

Publicidade

Mauro Fernández Dabouza acumula case 30 anos de experiencia nas Administracións Públicas

Durante doce anos, de 1995 a 2007, Mauro Fernández Dabouza ocupou a xefatura de sección do Centro de Servizos Tecnolóxicos do Sergas, planificando e coordinando as iniciativas TIC da Consellería de Sanidade e do Sergas.

En marzo de 2007 incorpórase á Oficina Técnica para a apertura dos sete novos hospitais da Comunidad de Madrid, dependente da Consejería de Sanidad. Durante ese tempo, ademais de coordinar a implantación dos sistemas informáticos dos devanditos hospitais, é responsable da súa posta en marcha nos hospitais do Henares, Infanta Leonor e Puerta de Hierro Majadahonda. Neste último hospital é xefe de informática dende decembro do 2008 ata maio de 2009.

Nos últimos nove anos, dende xuño de 2009, exerceu de director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) da Consellería de Facenda.

Entre as funcións que desempeñou como director do CIXTEC figuran: propoñer as liñas estratéxicas de actuación e o programa anual, a elaboración dos orzamentos, memoria e balance, elaborar a proposta de estrutura e dotación de persoal. Durante dous anos, desempeñou o cargo de consultor independente na Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid na planificación da informatización de sete hospitais madrileños.

Realizou tamén relatorios e presentacións en congresos sobre temáticas como a transformación dixital das administracións públicas ou as aplicacións tecnolóxicas para o sector sanitario.

Á fronte do Cesga

Como director-xerente do Cesga correspóndenlle, entre outras tarefas, dirixir a organización e actividades científicas, de innovación e servizos do centro; xestionar a captación de fondos; elaborar o orzamento anual; desenvolver a política de persoal e informar regularmente ao padroado dos resultados da súa xestión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é e como funciona o novo computador cuántico de Galicia?

A máquina máis grande e potente de España e do sur de Europa inaugurouse esta mañá no Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA e Fujitsu crean un centro en Galicia para desenvolver e impulsar a tecnoloxía cuántica

O obxectivo é promover a investigación neste campo e atraer investimento para abordar os retos que afronta a sociedade actual

O primeiro computador cuántico de Galicia: estas son as chaves para entendelo

A recente adquisición do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) pode ter aplicacións en ámbitos como a saúde e a intelixencia artificial

Galicia inaugura ‘Finisterrae III’, un novo supercomputador para predicir o tempo e analizar o xenoma

O equipo incorpora un simulador de computación cuántica de 30qbits que é o primeiro da súa clase en España