David García: de Ourense á NASA con 23 anos

O mozo ourensán David García Pérez, de 23 anos, graduado en Enxeñaría Aeroespacial pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM), acaba de ser escollido pola NASA para participar nun programa de investigación que se desenvolverá nas instalacións que a axencia espacial europea ten en Mountain View, California.

Segundo explica David García a varios medios, no mes de setembro acudiu á UPM unha antiga alumna da Escola de Enxeñaría Aeronáutica que foi contratada na NASA despois de participar nun programa de formación. Na súa visita tamén estaba contemplado un proceso de selección para recrutar a algún estudante para a axencia.

Publicidade

David pasará medio ano nun programa de formación en Mountain View, California

Despois deste proceso, o que en principio ía ser unha bolsa de tres meses coa universidade de Illinois acabouse convertendo nun programa de medio ano. Para conseguilo, debiu presentar un artigo sobre a dinámica de fluídos aplicada a novos conceptos de drones, que se poderían usar como transporte privado aéreo e como medio de envío de paquetería, ideas nas que xa traballan grandes empresas como Amazon, Uber e Airbus.

David García estuda actualmente o segundo curso do máster en Enxeñaría Aeronáutica na universidade madrileña. O ano pasado xa recibira un recoñecemento de excelencia, ao ser premiado co mellor expediente na especialidade de Vehículos Aeroespaciais dentro do grao de Enxeñaría Aeroespacial, que acabou cun 8,95 de nota media. En Ourense estudou no colexio Concepción Arenal e no IES As Lagoas, onde terminou cunha media de 10 e un premio á excelencia preuniversitaria.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior