Cancro

O maior estudo sobre o xenoma completo do cancro verte luz sobre as súas causas

Un estudo publicado en Science analiza o ADN de máis de 12.000 tumores e permite dectar patróns ou "firmas mutacionais", 58 delas novas

Nova estratexia para identificar dianas terapéuticas do cancro de mama máis agresivo

Investigadores do CSIC publican un estudo no que localizan proteínas de membrana das células tumorais para logo atacalas de maneira específica

Un tratamento non invasivo erradica o cancro de fígado en ratos

Científicos estadounidenses usan ultrasóns e conseguen eliminar o tumor nun 80% dos animais, que tampouco presentaron metástase

O galego José Tubío, premio Talento Emerxente en Investigación Oncolóxica

O xurado valora a contribución do investigador do CiMUS “en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro”

Descuberta unha nova diana terapéutica para o cancro de mama metastásico

A investigadora Paula Carpintero, do Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña, estuda os mecanismos de acción dos inhibidores CDK4/6

Cancro, contaminación da auga e perda de biodiversidade: os riscos do uso masivo de glifosato

Rosa Mosquera, doutora en Ciencias Biolóxicas: "Temos que reducir o emprego xeralizado de herbicidas sintéticos, pola nosa saúde e pola do medio ambiente”

Un estudo do CSIC descobre un novo xene indutor de cancro

A investigación, coordinada polo galego Xosé Bustelo, permite identificar as dianas e fármacos máis axeitadfos para eliminar os tumores coa mutación do RRAS2

Unha análise de feces podería detectar precozmente o cancro de páncreas

Un estudo con participación española atopou unha firma molecular que, de ser validada, permitiría detectar a pacientes de alto risco e en estadios temperáns

Eva González Kölmel, da astrofísica á radioterapia hospitalaria

En tan só cinco meses consegue aprobar o RFIR coa segunda mellor nota a nivel nacional e xa está comezando a valorar distintos destinos

O rexuvenecemento celular reverte o envellecemento en ratos sen deixar secuelas

Un estudo liderado polo español Juan Carlos Izpisúa mostra como a terapia antiavellentamento non supón un aumento do cancro nin doutros problemas de saúde

Un tratamento erradica o cancro de ovario e o colorrectal en ratos

O estudo baséase na administración de perlas que liberan interleucina-2 de forma continuada e podería comezar a ensaiarse en humanos a finais de ano

Unha tese da UVigo identifica un biomarcardor que facilita o diagnóstico do derrame pleural

A inclusión deste procedemento na práctica clínica habitual permitiría reducir o número de biopsias así como o tempo de agarda dos resultados

Un estudo revela que os vexetarianos teñen un 14% menos de risco de cancro

Investigadores da Universidade de Oxford analizan a relación entre os niveis de presenza da carne na dieta e a probabilidade de desenvolver certos tumores

Por que o cancro de páncreas é un dos de peor prognóstico?

A extirpación do tumor segue sendo o tratamento de referencia e o máis eficaz, sempre e cando non estea nunha fase moi avanzada e a cirurxía non supoña un risco

O coronavirus non nos deixa ver o cancro

A crise causada polo SARS-CoV-2 implicou a desatención de moitas outras necesidades sanitarias e, entre elas, as de pacientes con cancro

“Se investigásemos o cancro tanto como a covid só un ano, dariamos un paso de xigante”

O investigador José Tubío, Premio Nacional de Investigación en Cáncer, analiza o impacto da pandemia e reclama máis financiamento no día mundial da doenza