Un tratamento erradica o cancro de ovario e o colorrectal en ratos

O estudo baséase na administración de perlas que liberan interleucina-2 de forma continuada e podería comezar a ensaiarse en humanos a finais de ano

Un estudo publicado en Science Advances e levado a cabo por investigadores da Universidade de Rice (Texas) logrou erradicar en seis días o cancro de ovario e o colorrectal en fase avanzada en ratos. Estes resultados semellan prometedores, polo que o equipo científico conta con comezar os ensaios clínicos en humanos a finais deste mesmo ano.

O tratamento desenvolvido nesta investigación consiste en pequenas perlas que se implantan no corpo e administran unha dose alta e continuada de interleucina-2 (IL2), un composto que involucra os glóbulos brancos na loita contra o cancro. Desta forma, funcionan como unha fábrica de medicamentos: só hai que administralas unha única vez, pero as perlas continúan producindo doses todos os días ata eliminar o cancro.

Publicidade

Unha vez determinada a dose axeitada e o número de perlas necesarias, os investigadores erradicaron os tumores en todos os animais con cancro de ovario e en sete dos oito que sufrían cancro colorrectal.

O composto clave

A interleucina-2 forma parte dun grupo de proteínas desencadeantes do sistema inmune denominadas citoquinas. Aínda que estas citoquinas xa son utilizadas no tratamento do cancro para o melanoma e o carcinoma renal, o problema que enfrontan os científicos é lograr que as citoquinas combatan os tumores de maneira efectiva e eviten niveis peligrosamente altos de inflamación noutras partes do corpo, o que causa numerosos efectos secundarios.

Publicidade

Con este sistema, as altas concentracións están enfocadas no tumor

No marco deste estudo, as perlas foron colocadas no peritoneo, o revestimento que se sitúa arredor dos intestinos, os ovarios e outros órganos abdominais. Isto permite que os medicamentos circulen especificamente cara ao cancro sen sobrecargar o corpo en termos de volume ou peso.

A dose de IL2 que proporcionan estes elementos sería demasiado tóxica ao administrala a través do goteo intravenoso, mais con este sistema as altas concentracións están enfocadas no tumor. Segundo as probas levadas a cabo, a concentración da proteína noutras partes do corpo é unhas 30 veces menor que a que se pode medir cerca do tumor.

O envoltorio

Cada perla ten unha cela exterior composta de hidroxel, protexendo as células produtoras de citoquinas. Estas son recoñecidas como obxectos estraños polo sistema inmune, mais non como ameazas inmediatas, o que lles permite facer o seu traballo. Logo, poden programarse para que se apaguen automaticamente.

Podería ser potencialmente adaptable a cancros doutras partes do corpo

Segundo os investigadores, as reaccións a corpos estraños eliminaron de forma segura o fluxo de citoquinas destas cápsulas en 30 días. Ademais, tamén puideron demostrar que podían administrar con seguridade un segundo ciclo de tratamento en caso de ser preciso.

Este sistema podería ser potencialmente adaptable a cancros doutras partes do corpo, sempre e cando exista un revestimento onde poder albergalas. Tamén poderían modificarse para administrar diferentes tipos de medicamentos.


Referencia: Clinically translatable cytokine delivery platform for eradication of intraperitoneal tumors (Publicado en Science Advances)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás