Un tratamento non invasivo erradica o cancro de fígado en ratos

Científicos estadounidenses usan ultrasóns e conseguen eliminar o tumor nun 80% dos animais, que tampouco presentaron metástase

Un novo estudo, feito na Universidade de Michigan e publicado na revista Cancers, comprobou a eficacia de aplicar ondas de ultrasóns en ratos con cancro de fígado. Os científicos estadounidenses indican que o tratamento logrou destruír ata un 75% o volume dos tumores hepáticos. Ademais, conseguiu activar o sistema inmunitario dos ratos, favorecendo que eliminase o resto do cancro. De feito, nun 80% dos animais erradicouse o tumor e non amosaron signos de metástase nos tres meses que durou a supervisión.

O tratamento pioneiro chámase histotripsia e, actualmente, tamén se está probando en persoas con cancro de fígado. Segundo o enxeñeiro biomédico e participante no estudo, Tejaswi Worlikar, este método “promete ser a opción para superar as limitacións que existen nas modalidades de ablación do tumor dunha forma efectiva e non invasiva”. Da mesma forma, esperan que este estudo sexa o principio dun camiño na investigación  preclínica e chegar a ser un tratamento esperanzador para un dos cancros con menor taxa de supervivencia.

Publicidade

un 80% dos animais erradicouse o tumor e non amosaron signos de metástase

A técnica emprega un transdutor de ultrasón que rebota nas estruturas internas e desarticula fisicamente os tumores. Isto é posible grazas á cavitación por ultrasón, un método similar ao que se emprega para destruír as células de graxa nos tratamentos de adelgazamento. Ditas ondas diríxense á zona a tratar mediante vibracións que xeran pequenas burbullas e destrúen así parte do tumor. A pesar de que só destrúe parcialmente o cancro, fai posible unha regresión do 81% nas ratas tratadas, ademais de reducir o risco de metástase.

Os resultados do estudo, xunto co investigaciones anteriores, demostran que a técnica da histotripsia axuda a que non desenvolva metástase e reducir o tamaño do tumor, sumado ao aumento da porcentaxe de supervivencia dos doentes. Así pois, os futuro estudos terán que seguir investigando sobre a seguridade do tratamento e os efectos para que poida ter a súa aplicación nas persoas.

Publicidade


ReferenciaImpact of Histotripsy on Development of Intrahepatic Metastases in a Rodent Liver Tumor Model (Publicado en Cancers)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade