A máscara deixará de ser obrigatoria nos postos de traballo “como norma xeral”

Deberá seguir usándose en medios de transporte, hospitais, consultas médicas ou doutros profesionais sanitarios e en centros da terceira idade

O Consello de Ministros acaba de aprobar o Real Decreto polo que o uso de máscaras deixará de ser obrigatorio en interiores a partir de mañá mércores, despois de que sexa publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE). Así o informou a ministra de Política Territorial e portavoz do Executivo, Isabel Rodríguez. Tamén celebrou a medida, indicando que “foi posible grazas a un traballo conxunto e un esforzo colexiado no que tivo que ver moito a estratexia de vacinación”. Asegurou, ademais, que “estamos a avanzar na normalidade”.

Un dos aspectos máis controvertidos do cambio refírese aos centros de traballo. Neles, a máscara deixará de ser obrigatoria “como norma xeral”, afirmou a ministra de Sanidade, Carolina Darias. Serán os servizos de prevención de riscos laborais de cada empresa os encargados de avaliar o seu uso, “de acordo coa avaliación do posto”. En consonancia coa opinión dos técnicos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, o seu uso será cando non se poida manter unha distancia de 1,5 metros cos compañeiros.

Publicidade

O Seu uso nos centros de traballo dependerá de se se pode garantir a distancia de 1,5 Mediometros entre compañeiros

O emprego da máscara será a partir deste mércores unha opción persoal de cada cidadán. Darias sinalou que se trata de “un día importante”, grazas a “un contexto epidemiolóxico favorable, que permite a flexibilización dun dos elementos máis simbólicos da pandemia”, debido a “a alta cobertura vacunal” de España.

Medios de transporte e centros médicos

A nova norma publicarase no BOE deste 20 de abril, e nela quedarán establecidos os lugares onde a máscara segue sendo obrigatoria, principalmente “medios de transporte aéreo, ferrocarril, cable, autobuses e transportes públicos de viaxeiros e barcos”. Nestes últimos, cando non se poida manter a distancia de 1,5 metros. Tamén será necesaria nos centros, servizos e establecementos sanitarios que aparecen recollidos no Real Decreto 1277/2003.

Segundo figura no texto, a máscara será de uso obrigatorio en máis dun centenar de centros ou servizos, entre os que figuran hospitais (onde llela poñerán quitar aos pacientes ingresados nas súas habitacións), consultas médicas e doutros profesionais sanitarios como fisioterapeuta, centros de saúde, clínicas dentais, centros de interrupción do embarazo ou de fertilidade, de transfusión de sangue, bancos de tecidos, centros de saúde mental, oficinas de farmacia ou ortopedias. Tampouco deixarán de usarse en centros sociosanitarios (residencias) para visitantes e traballadores, aínda que os residentes si poderán abandonar a máscara. O Ministerio de Sanidade reclama un “uso responsable” da protección, máis aló da obrigatoriedade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Máis alá do mpox: as cinco emerxencias sanitarias do século XX que viviu Galicia

A sociedade leva miles de anos enfrontándose aos microorganismos e ás enfermidades infecciosas como a varíola ou a poliomielite

Tes covid, alerxia ou catarro? Estas son as diferenzas

A inmunóloga e catedrática da UVigo África González sinala as diferenzas e similitudes dos síntomas que provocan as tres enfermidades

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres