A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

A neuropilin-1 (NRP1) é unha proteína vinculado á formación de amiloide nos pacientes con alzhéimer. Porén, un estudo achou proteínas similares a aquelas vistas en pacientes con covid. Coñecidas polo seu funcionamento no cerebro, o estudo constata que tamén se producen acumulacións semellantes nas retinas. Isto podería explicar por que a néboa mental, un termo utilizado para problemas de memoria ou de cognición, é un dos síntomas do que moitos pacientes aseguran ter tras sufrir a covid.

O estudo, realizado pola Universidade de Yale, observou que os pacientes con este problema tiñan placas similares aos que teñen alzhéimer. Malia que os mecanismos da néboa mental aínda non se comprenden, os estudos si que acharon unha relación entre o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central.

Publicidade

Para poder entender mellor a reacción con esta proteína, o seu equipo utilizou tecidos das retinas. A intención era imitar as características do alzhéimer, como presentar mutacións xenéticas para producir máis beta amiloide. O equipo achou que a covid pode entrar nas células das retinas. Tamén, que esas proteínas que normalmente se atopan nos cerebros das persoas con alzhéimer foron tamén achadas nas súas retinas.

Inhibir o NRP1

Un dos descubrimentos máis destacables é que ao engadir un inhibidor de NRP1 conseguiron frear este aumento de amiloide beta, o que apunta a esta proteína como un posible obxectivo terapéutico para combater complicacións neurolóxicas da covid, como a néboa mental.

Publicidade

“Este achado reforza a hipótese antimicrobiana do amiloide beta no alzhéimer, suxerindo que podería actuar como parte da resposta inmune innata do cerebro fronte ás infeccións virais”, explica Brian Hafler, doutor en oftalmoloxía pola Universidade de Yale. O amiloide beta non só é un marcador do dano cerebral, senón que podería participar na defensa fronte ao virus. O equipo planea agora estudos clínicos para determinar se a Covid aumenta o risco a longo prazo de ter alzhéimer e explorar o uso de inhibidores NRP1 como posibles tratamentos para previr a patoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais