Bioloxía

O alumnado universitario, cun coñecemento “moi baixo” da teoría da evolución

Un estudo no que participaron estudantes das universidades de Vigo e Santiago constata un "fallo en todo o sistema educativo" sobre este tema

Alerta sobre a perda “sen precedentes” da diversidade tropical

O investigador Andrés Baselga, da Universidade de Santiago, participa nunha investigación que predí un escenario de declive debido ás emisións de CO2

Estefanía Méndez: “Neste momento, a única estratexia cara ao futuro é manterse alerta”

A catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC analiza as peculiaridades do SARS-CoV-2 e as incógnitas sobre o que virá

Homeostase e crise do coronavirus

Os autores expoñen a necesidade de coidar e manter os equilibrios internos na sociedade para afrontar a crise, tal e como demostra a propia evolución

Un novo protocolo para medir a contaminación mediante as algas

A tese de Rita García Seoane, presentada na USC, contribúe a mellorar os sistemas de medición de metais pesados

Captan os espectaculares cambios de cor dun polbo cando durme

Un documental do biólogo mariño David Scheel capta esta abraiante secuencia do cefalópodo que semella estar 'soñando'

Unha galega constata diferenzas xenéticas a pequena escala nun caracol mariño

Iria Fernández Silva, da UVigo, asina un traballo sobre unha especie asociada a arrecifes de coral no arquipélago de Palau, no Pacífico

Ángela Nieto: “Hai unha conexión entre o crecemento dos embrións e o cancro”

A investigadora do Instituto de Neurociencias de Alicante ofrece na tarde deste mércores unha conferencia na Domus da Coruña

“Hoxe Chernóbil é un paraíso para a fauna”

O científico Germán Orizaola, da Universidad de Oviedo, acaba de pasar case unha semana na zona de exclusión do accidente nuclear

Un biólogo identifica 165 especies de cogomelo na Reserva da Biosfera de Allariz

Mauro Rivas, veciño do municipio, elaborou o catálogo para o traballo de fin de grao e acaba de publicalo na revista "Mykes"

Un biólogo cita por primeira vez en Galicia 10 especies de formigas

Fede García publicou recentemente un artigo co que aumenta nun 10% o número de especies de formigas citadas no país

Juan R. Coca: “É moi duro ver que os afectados por doenzas raras din non ter futuro”

O investigador galego da Universidad de Valladolid prepara un libro sobre o impacto social situación á que se enfrontan os afectados e as súas familias

Bautizan esta nova especie de verme co nome de Donald Trump

O presidente dos Estados Unidos tamén dá nome a un insecto, nunha crítica ao seu abandono da loita contra o cambio climático

Por que ten distintas cores este caracol mariño?

Unha tese presentada na UVigo polo investigador Daniel Estévez analiza o polimorfismo cromático do 'Littorina fabalis'

Prazo aberto para participar na Olimpíada Galega de Bioloxía

Están chamados a participar todos os estudantes matriculados neste curso na asignatura de Bioloxía en 2º de Bacharelato

Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?

A nova sesión das Regueifas de Ciencia, que se celebra o 22 de outubro, debaterá sobre o xénero desde a perspectiva científica