Un biólogo identifica 165 especies de cogomelo na Reserva da Biosfera de Allariz

Mauro Rivas, veciño do municipio, elaborou o catálogo para o traballo de fin de grao e acaba de publicalo na revista "Mykes"

O biólogo Mauro Rivas presentou como parte da elaboración do seu traballo de fin de grao un catálogo das especies de cogomelo presentes no territorio da Reserva da biosfera Área de Allariz, conformado polos Concellos de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. Unha investigación que lle valeu a Mauro, alaricano de orixe, a matrícula de honra, e que agora publica na revista Mykes, do Grupo Micolóxico Galego, cos tipos de cogomelo citados por primeira vez en Ourense e/ou Galicia.

O traballo permitiu identificar en campo 149 especies diferentes de macromicetos, que xunto ás 16 xa identificadas en bibliografía fan que no territorio da reserva da Área de Allariz estean identificadas 165 especies micolóxicas diferentes. Delas, 49 especies foron identificadas por primeira vez na provincia de Ourense e destas, 11 foron por primeira vez citadas en Galicia. Mauro desenvolveu pola súa conta o traballo entre os meses de setembro e decembro de 2017, recollendo unha a unha cada especie.

Publicidade

Mauro citou 49 especies por primeira vez en Ourense, e 11 no conxunto de Galicia

O estudo, segundo explica a través do Concello de Allariz Bernardo Varela, xestor da Reserva da Biosfera e concelleiro de medio ambiente no municipio, “referenda a importancia da biodiversidade que ten un territorio polo que á Reserva da biosfera gustaríalle contar con colaboración doutros departamentos universitarios para a elaboración de estudos amplos sobre as plantas e animais que habitan este espazo protexido”

Para a identificación particular de parte dos exemplares de cogomelo foi preciso realizar análises filoxenéticas para secuenciar o ADN das setas. Un proceso que Mauro Rivas realizou no Naturalis Biodiversity Center nos Países Baixos dentro dunha estancia como Erasmus. Rivas salienta que “a información obtida sobre os exemplares e as especies diferentes recollidas excederon con moito as expectativas”.

Publicidade

Referencia: Macromicetos da Reserva da Biosfera Área de Allariz: aportación ao catálogo micolóxico da provincia de Ourense (dispoñible en ResearchGate).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O biólogo galego que percorre o mundo: 300 incribles imaxes da natureza en máis de 70 destinos

Gonzalo Mucientes publica 'El Naturalista Impaciente', un libro que condensa a súa paixón por viaxar con impactantes fotografías de fauna e flora de todo o globo