Ra de Santo Antón, a sobrevivente das glaciacións en Galicia

O anfibio "Hyla molleri", endémico da península Ibérica, sorprende aos científicos por resistir ante os períodos xélidos do Cuaternario

A Hyla molleri, coñecida en Galicia como rela ou ra de Santo Antón é unha especie anfibia endémica da península Ibérica, e moi estendida sobre todo no cuadrante noroeste. É repoluda, aínda que de moi pequeno tamaño, xa que case non supera os catro centímetros de lonxitude. Destaca pola súa cor verde, que pode mudar a parda, amarela ou azulada, dependendo das condicións nas que vive, e a banda escura que percorre o seu corpo. E dentro desta aparencia fráxil hai, segundo os científicos, unha resistencia á proba de glaciacións.

Así o expoñen investigadores do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) e a Universidade de Évora, nun traballo publicado en Journal of Biogeography. Os científicos descubriron que, fronte ao que ocorreu con outros anfibios, a ra de Santo Antón sobreviviu en Galicia e o resto da península ás glaciacións do Cuaternario e hoxe seguen mantendo altos niveis de diversidade xenética.

Publicidade

Como xa documentara o mesmo grupo de investigación en estudos previos, as extincións causadas polas glaciacións non se produciron só no norte de Europa, senón que tamén afectaron a poboacións do norte da Península. Houbo períodos especialmente desfavorables durante o último período glaciar, hai uns 20.000 anos, que afectaron a especies como o tritón Pleurodeles waltl, ou o sapo de esporóns, Pelobates cultripes. “Co paso do tempo ambas especies conseguiron recolonizar estas zonas, pero foi á conta dunha forte perda de diversidade xenética nas novas poboacións. De feito, comprobamos que as poboacións do sur de España mostran xeralmente unha diversidade xenética moito máis alta que as que habitan no norte”, explica Íñigo Martínez Solano, investigador do CSIC.

Mais a ra de Santo Antón mantiv ata hoxe altos niveis de diversidade xenética en zonas tanto ao norte como ao sur da súa área de distribución e non parece que os cambios climáticos dos últimos 140.000 anos na Península Ibérica afectaran á especie. Aparentemente, a súa maior tolerancia a condicións frías e a súa capacidade de dispersión, en comparación con outras especies de anfibios coas que coexiste habitualmente, axudárona a sobrevivir con éxito ás últimas glaciacións no seu refuxio glaciar ibérico. “Esta pequena ra evitou grandes extincións, así como as perdas de diversidade xenética, que empeoran a situación actual doutros anfibios típicos de ambientes mediterráneos”, contan os autores do traballo.

Publicidade

Un dos factores que condiciona a resposta das especies aos cambios climáticos é a súa capacidade de dispersión. Así, grupos como os anfibios, que desenvolven os seus ciclos vitais completos en áreas de poucos quilómetros cadrados, son máis sensibles a estes cambios, xa que por regra xeral non son capaces de migrar a outras áreas con climas máis favorables á velocidade necesaria. De feito, a súa resposta como especie depende en gran medida da capacidade de dispersarse e colonizar novas áreas durante períodos de clima favorable. A escasa mobilidade dalgunhas especies, entre outros factores, está detrás de moitos dos episodios xeneralizados de extincións que se produciron durante os períodos máis fríos na maior parte de Europa central. Pero a ra de Santo Antón conseguiu resistir.

Referencias: Complementing the Pleistocene biogeography of European amphibians: Testimony from a southern Atlantic species (Publicado en Journal of Biogeography, xaneiro de 2019).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente