Xoves 25 Abril 2024

A Fiscalía investiga ao curandeiro que vende lixivia para o cancro

Josep Pàmies, que deu varias charlas en Galicia, é investigado por unha presunta trama contra a saúde pública

A Fiscalía Xeral do Estado investiga a Josep Pàmies, o curandeiro que di curar con lixivia doenzas como o cancro, a sida, a malaria ou a esclerose múltiple. Convidado a Galicia en numerosas ocasións -con grande escándalo cando se tentou que as súas charlas foran en recintos públicos– Pàmies é un charlatán que obtén beneficios millonarios, pero as súas falsas terapias teñen graves consecuencias para a saúde.

A Fiscalía Xeral do Estado impulsou unha investigación contra Josep Pàmies e contra Andreas Kalcker, dous curandeiros moi populares, por promover o clorito de sodio para tratar enfermidades como a sida, a malaria, a esclerose múltiple e o cancro, entre outras. Segundo informou El País, a ambos se lles atribúe un delito contra a saúde pública. Con todo, en declaracións ao diario citado, Pàmies asegurou “non ter constancia da investigación en marcha”.

Publicidade

A sida é mentira, porque o VIH non é o seu causante, xa que ninguén o demostrou. A quimioterapia é un tratamento “ineficaz”, pero existen plantas como a kalanchoe que teñen propiedades antitumorais. As vacinas teñen moitos defectos e poden causar graves danos e autismo. O ébola pode curarse dun xeito moito máis sinxelo e barato con cloro e plantas. E unha longa lista de ataques á medicina científica e á industria farmacéutica. Así fala Josep Pàmies, un naturópata que se define como agricultor, e que promove a Revolución Doce, que avoga por deixar de lado as aportacións da investigación médica e científica e facer un maior uso das plantas medicinais, que el mesmo cultiva e vende. Factura millóns de euros e ten milleiros de seguidores.

Ao coñecer que a Fiscalía está a investigalo, Pàmies constestou: “Recibo tantas notificacións que xa non lles fago caso”. Esta investigación ten a súa orixe nunha denuncia presentada o pasado mes de outubro polo Ministerio de Sanidade que alertou da publicación e venda a través de internet do clorito de sodio.

Os agora investigados tamén propoñían entre as doenzas para tratar co clorito de sodio o autismo, a hepatite, a diabetes e a artrite. A falta de coñecer máis detalles, parece que nos atopamos ante a maior investigación contra a pseudociencia levada a cabo polo Ministerio Fiscal ata a data. Pero tamén unha peza máis do plan do Goberno para loitar contra as pseudociencias que, co adianto electoral, queda no aire.

Pàmies xa fora multado pola Generalitat de Cataluña con 600.000 euros polos seus falsos remedios

En principio, o dióxido de sodio é un gas utilizado principalmente na fabricación de papel como branqueante. ‘Clorito’ é o termo que se usa para referirse aos iones deste gas que se forman ao diluílo en auga. Nos últimos anos, moitos gurús pseudocientíficos promocionan este produto diluído en auga destilada (comercializado, sobre todo, como MMS ou ‘Suplemento Mineral Milagroso’) como unha cura para todo tipo de enfermidades.

O problema é doble, proque está acreditado que o MMS “pon en risco a saúde dos consumidores, como demostran os numerosos casos de reaccións adversas, algunhas delas graves, en pacientes que consumiron o produto”, segundo denuncia a Axencia Española do Medicamento.

Ante a denuncia, a Fiscalía moveu ficha e puxo á Unidade Central de Criminalidade Informática e á Garda Civil a investigar os negocios destes curandeiros, ao sospeitar que se trataba dunha trama contra a saúde pública. Nun comunicado, a Fiscalía afirma: “tal e como figuraba na denuncia inicial, púidose constatar a efectiva publicitación e actividade de intermediación a través da rede, en distintos medios e formas” do clorito de sodio. Isto estase levando a cabo “a través dunha diversidade de contidos” que “enxalzan as supostas vantaxes da utilización deste produto en orde á curación de determinadas patoloxías, outros informan sobre os protocolos para a súa utilización e mesmo, noutros casos, ofrécese directamente á venda a substancia”, explica a fiscalía.

Josep Pàmies foi convidado a Galicia en varias ocasións para dar as súas conferencias, aínda que a contestación dende os científicos e os profesionais da saúde sempre conseguiu que non se celebrasen estes actos en lugares públicos, como aconteceu na Universidade da Coruña, que rematou por negar o seu Paraninfo para un evento no 2017.

A Generalitat de Cataluña xa multou o pasado outubro a Pàmies con 600.000 euros, por promocionar varios produtos, algún deles ilegal en España, como remedios para curar o cancro.

Para ler máis:

As pseudociencias e a liberdade de expresión

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sen evidencia científica para a aromaterapia e o Tai Chi: esta é a nova lista de pseudociencias

O ministerio de Sanidade realizou novos informes para combater as pseudoterapias que sea basean en estudos de baixa calidade

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor