Venres 29 Marzo 2024

Polémica na Coruña pola charla do pseudomédico Josep Pàmies

O empresario agrícola Josep Pàmies, polémico polas súas mensaxes pseudocientíficas, inicia unha xira por Galicia que o levará o vindeiro 4 de marzo á Coruña, onde os organizadores da charla solicitaron o Paraninfo da Universidade, que xa lles foi denegado. Diversos colectivos científicos, xunto ao Círculo Escéptico, iniciaron unha campaña para que non se permita a Pàmies usar espazos públicos para divulgar as súas falsas ideas, entre as que se conta que a SIDA non existe, que o ébola pode curarse cun ‘Soro Mineral Milagroso’ ou que o seu tratamento con plantas contra o cancro supera a eficacia da quimioterapia.

Pàmies dá consellos médicos, e mesmo remedios, sen ter estudos de Medicina. “Envolve a súa mensaxe nunha rebeldía contra a industria farmacéutica ou as administracións”, destaca o profesor da UDC Manuel F. Herrador, un dos portavoces do Círculo Escéptico, que pediu ao Reitorado da Universidade da Coruña que vete a presenza deste “charlatán”. A Universidade da Coruña anunciou que denegou este espazo “xa que non é acorde ao sus fins“.

Publicidade

A visita de Pàmies á Coruña está organizada pola Asociación Hortas do Val de Feáns, que reservou o Centro Cívico dos Mallos (de propiedade municipal), para a sesión de mañá, o cal xa foi denegado polo Concello da Coruña. Tamén pediron o Paraninfo da UDC, para unha conferencia pola tarde. A universidade coruñesa denegou o uso do Paraninfo, malia que así apareza no cartel xa publicado.

Josep Pàmies defende tamén que ten a cura para o ébola

‘A doce revolución das plantas medicinais’ é o título destas charlas, nas que Pàmies adoita introducir temas como que as vacinas causan autismo, que o virus do VIH non é o causante da SIDA ou que as súas herbas mediciñais poden curar o cancro. “En ocasións, sitúa á entrada das súas charlas uns postos nos que vende estas herbas milagreiras”, explica Herrador, “porque en realidade o que fai Pàmies é un negocio, a través da súa empresa”.

A visita a Galicia de Pàmies non é a súa primeira polémica. En abril de 2016 xa foi rexeitado pola Universidade Autónoma de Barcelona, para un charla que finalmente se fixo non xardíns exteriores da Facultade de Ciencias do seu campus.

A mensaxe de Pàmies é un cóctel no que teñen cabida mensaxes para públicos diversos como a negación do cambio climático, os recelos contra as farmacéuticas, o rexeitamento das vacinas (defende que provocan autismo) e todo tipo de teorías da conspiración. Neste caldo emerxen os produtos que comercializa a súa empresa, principalmente herbas coas que di tratar doenzas como o cancro, a diabete, a hepatite… ou mesmo a sida e o ébola, a través duns compostos clorados sen base científica de ningún tipo.

3 COMENTÁRIOS

  1. Muy rápida y acertada la respuesta de la UDC y del Concello negando espacio público para estas charlatanerías peligrosas. Enhorabuena.

  2. Hay que llamar la atención también al hecho de que se pueda llegar a ceder espacios públicos municipales para lanzar un mensaje falso y peligroso para la salud de los vecinos. Confío en que el Concello se dé cuenta y reaccione negando el espacio público a semejante barbaridad. Y desde luego, una universidad no puede permitirse albergar a un estafador así y ser cómplice de sus peligrosas actividades que deberían ser perseguidas por la ley.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T