Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

Unha táboa flamenga do século XVI da Virxe do Neno, Santa Ana e San Xosé, recuperada do tráfico ilícito, foi entregada ao Museo de Belas Artes da Coruña por parte do Ministerio de Cultura. Pero, como chegou a Galicia? A peza foi recuperada na Operación Altarpiece, desenvolvida xunto á Garda Civil e os Carabinieri italiano: atopáronse táboas renacentistas e creacións atribuídas a Amadeo Modigliani ou Brueghel procedentes dunha vila situada en Marbella (Málaga).

O percorrido dos bens continuou en Italia, ata onde foron exportados ilegalmente, sen os permisos necesarios —algún deles denegado anteriormente—, debido ao valor que tiñan para o patrimonio histórico español. Foron atopados en galerías de arte e domicilios particulares de diversas cidades italianas, ou noutros países a onde foran vendidos.

Publicidade

Dende o momento que son saídos do país sen autorización, estas obras de arte pasan a formar parte do patrimonio cultural do Estado. Desta forma, foron asignados polo Ministerio de Cultura a museos estatais situados en diferentes cidades, como é o caso da táboa flamenca ao museo coruñés. O destino da táboa, en moi bo estado de conservación e atribuída a un pintor flamengo anónimo, probablemente da escola de Amberes, foi adscrita ao Museo de Belas Artes da Coruña na 97ª reunión do Consello de Patrimonio Histórico, celebrada en Roma en outubro de 2025.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos