As protestas conseguen cancelar as charlas de Pàmies en Galicia

O naturópata Pàmies anunciara as charlas na Coruña e Vigo os días 8 e 9 de marzo. Imaxe: joseppamies.wordpress.com.
O naturópata Pàmies anunciara as charlas na Coruña e Vigo os días 8 e 9 de marzo. Imaxe: joseppamies.wordpress.com.

En menos de 24 horas, as dúas charlas previstas por Josep Pàmies en Galicia foron canceladas polas entidades que ían ceder os seus espazos para estas actividades. Horas despois de que o Colegio Hogar de Vigo anunciase que non cedería as súas instalacións, a cadena Attica21 decidiu na mañá deste xoves que a charla do naturópata catalán “non se celebrará” no seu establecemento da Coruña. As dúas anulacións chegan despois de que GCiencia recollese as protestas de colectivos como o Círculo Escéptico e numerosas persoas a través das redes sociais nas que se criticaba as afirmacións feitas por Pàmies, que sostén polémicos argumentos contra contrastados avances científicos e médicos. O ano pasado, o Attica21 acolleu a charla do naturópata despois de que o Concello da Coruña e a Universidade negaran os seus espazos aos organizadores do acto.

Nos últimos anos, Pàmies foi imputado por delitos contra a saúde pública ao se lle incautar centos de plantas de cánabo, e ten participado en congresos polémicos como o celebrado este xaneiro en Barcelona, no que algúns poñentes, como Txumari Alfaro, afirmaron nunha das charlas que a mellor terapia contra o cancro de mama era “non facer nada”.

Pàmies avoga por un maior consumo da chamada medicina natural, cultivando e comercializando plantas como a kalanchoe, da que di que ten propiedades antitumorais, mentres ao mesmo tempo pon en cuestión tratamentos como a quimioterapia. Amais, sostén que o ébola ten unha cura “sinxela e barata” e que o VIH non é o causante da sida, tal e como sostén nalgúns dos seus vídeos, posts e charlas por toda España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.