Xoves 18 Xullo 2024

Prazo aberto para participar na Olimpíada Galega de Bioloxía

Desde o luns 15 de outubro está aberto o prazo de inscrición á XIV Olimpíada de Bioloxía na súa fase autonómica galega, que convoca a Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) coa colaboración do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, as tres universidades galegas e a Xunta de Galicia.

Nesta fase poderán participar todos os estudantes matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2018-2019, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade e que sexan seleccionados segundo os criterios incluidos nas bases. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 16 de novembro de 2018. A proba celebrarase o día 18 de xaneiro de 2019 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Publicidade

Na pasada edición, o galego Pedro Vieites obtivo a medalla de bronce na Olimpíada Iberoamericana

O obxectivo das olimpíadas é fomentar os estudos relacionados coa Bioloxía e promover o interese na investigación entre os estudantes do sistema educativo español. O certame consistirá na resolución dunha proba teórica tipo test e dunha proba práctica cos contidos de Bioloxía da ESO, de primeiro e de segundo de bacharelato, centrados na base molecular e fisicoquímica da vida. 

Na pasada edición participaron 105 estudantes de 31 centros de secundaria de Galicia. O equipo galego que participou na Fase Nacional en Extremadura obtivo un bo resultado xa que o alumno Pedro Vieites do IES Plurilingue Rosalía de Castro de Santiago de Compostela obtivo un segundo posto e participou na XII Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía (OIAB 2018, Loja-Ecuador) onde obtivo unha medalla de bronce.

Publicidade

Segundo subliña o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, en 2017 asinouse un Convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten por obxecto o recoñecemento como actividade de innovación educativa da preparación e acompañamento do alumnado participante na olimpíada. O Convenio materialízase coa certificación de 15 horas de formación ao profesorado participante na fase autonómica e 25 horas na fase nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia abre o ciclo de faladoiros "Os mundos científicos de Vigo"

Os relatorios darán comezo o luns no edificio Redeiras cunha charla introdutoria que leva por título 'A divulgación científica en Galicia'

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas