Pode un algoritmo entender a Ría de Vigo? E se os edificios non foran tan inmóbiles como parecen? A intelixencia artificial pode aprender sen compartir os teus datos? A estas e a moitas outras preguntas darase resposta nas charlas científicas que terán lugar os días 18, 19 e 20 de maio en Vigo, participando no maior evento de divulgación científica gratuíto do mundo. Neste festival, investigadoras e investigadores de todas as disciplinas achegan o seu traballo ao público nun ambiente pouco habitual para a ciencia: os bares, convertendo estes espazos cotiáns en puntos de encontro entre o coñecemento e a curiosidade. En Vigo, Pint of Science celebrarase no Bar El Castro e no Café De Catro a Catro, cun total de 14 charlas científicas que cubrirán un amplo abanico de temáticas, desde a tecnoloxía, a biomedicina e a química ata o estudio do planeta e a lingüística.
Entre as persoas investigadoras e científicas que participan nesta edición viguesa, destacan nomes como María Mayán, quen abordará os avances máis recentes na investigación do cancro, os baleiros de coñecemento que aínda persisten e os grandes retos pendentes para lograr curalo ou convertelo nunha enfermidade crónica; Antonio Figueras, que descubrirá o sorprendente “superpoder” do mexillón para sobrevivir a condicións extremas e as leccións que pode aportar tanto á ciencia como á sociedade; e Saida Ortolano, cunha charla que porá o foco nas enfermidades raras, os seus avances e desafíos, e en como o seu estudio resulta clave para entender mellor procesos fundamentais do organismo e de enfermidades moito máis frecuentes.
O festival levará un total de 1.300 investigadores e investigadoras a 114 cidades e vilas españolas, cunha aposta por reforzar a súa presenza en contornas menos poboadas, levando a ciencia a bares de 29 áreas rurais que participan por primeira vez.
Diálogo coa sociedade
Un dos obxectivos da organización en Vigo é establecer o diálogo directo entre os investigadores e investigadoras e a sociedade. Reyes Riveiro, responsable de comunicación do equipo de Vigo, subliña que “a miúdo asociamos a ciencia con algo complexo ou afastado, cando en realidade o problema moitas veces está en como se conta. En Pint of Science rompemos con esa idea levando a ciencia aos bares e comunicándoa nunha linguaxe clara, próxima e sen barreiras. Ese ambiente distendido invita a participar, a preguntar sen medo e a descubrir que incluso as ideas máis complexas poden entenderse e gozarse de forma sinxela”.
Pint Kids: curiosidades científicas dende a infancia
O festival dá un paso más na súa aposta por espertar vocacións científicas desde idades temperás. Diversos estudos, como o realizado pola FECYT y la Fundación “la Caixa”, confirman que as actividades de divulgación non só espertan curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía, senón que ademais teñen un impacto especialmente significativo no alumnado con menor rendemento académico, aumentando o seu interese polos estudos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).
Baixo esta premisa nace Pint Kids, unha nova proposta que por segundo año consecutivo levará a ciencia aos máis novos dentro do propio entorno do festival. Trátase de sesións específicas para menores de 18 anos que se desenvolverán nos bares participantes e que combinarán dous formatos: charlas adaptadas sobre investigación científica e talleres prácticos con experimentos pensados para aprender de maneira dinámica.
Como novidade, esta edición incorpora en Vigo una programación dirixida a nenas e nenos entre 8 e 12 anos. Baixo o título “Pint Kids: Ciencia miúda”, este evento realizarase o martes 19 de maio, a partir das 17:30 horas, no Café De Catro a Catro con dúas charlas interactivas “Comida lista, ciencia lista: seguridade no teu prato”, a cargo de Raquel Nogueira, e “Ciencia para coidar a auga do futuro”, por María Pazo Rodríguez. Unha proposta que achega a ciencia ao público infantil de forma didáctica, participativa e adaptada á súa curiosidade.
Co obxectivo de organizar grupos adecuados e garantir unha experiencia educativa de calidade, as sesións de Pint Kids requirirán inscrición previa a través da web da iniciativa.
Podes consultar a programación completa de Pint of Science na seguinte ligazón.














