Sábado 20 Abril 2024

Bioloxía

A bióloga da UVigo María Fernández, unha das gañadoras do certame Somos Científicos

O concurso recoñece aos divulgadores máis destacados en diversos eidos, e Fernández gañou na sección de Alimentación

Ciencia en galego desde Washington D.C.

A neurocientífica Sonia Villapol e o bioinformático Todd Treangen explicaron na Coruña a súa investigación sobre bacterias e enfermidades cerebrais

Un mozo compostelán estará na Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía

Pedro Vieites, do IES Rosalía de Castro, participará no certame que se celebrará en Loja (Ecuador) entre o 9 e o 15 de setembro

Unha bióloga da USC, bolseira de dúas prestixiosas institucións internacionais

María del Carmen Cobo realizará unha estadía nos Estados Unidos grazas a dúas bolsas do programa Fullbright e a Sociedade Malacolóxica de Londres

O intersticio non é un novo órgano, pero coñecelo mellor é moi relevante

A publicación dun artigo en 'Scientific Reports' que describe esta estrutura suscitou un gran interese nos últimos días

Estudan por primeira vez a variación temporal da fauna dos fondos da ría de Aldán

O biólogo Fernando Aneiros, investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da UVigo, realizou mostraxes ao longo dun ano

Estas son as 4 facultades galegas entre as 250 mellores do mundo

O QS World University Ranking sitúa nestas posicións a varias titulacións da USC: Filoloxía, Enxeñaría Química, Enxeñaría Agrícola e Enxeñaría Forestal

Os cabaliños do demo esmorecen en Galicia

Dúas especies, 'Gomphus graslinii' e 'Macromia splendens', atópanse en perigo de extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas

Senten dor as centolas cando as cocen vivas?

Científicos e cociñeiros galegos dan a súa visión sobre a decisión do goberno de Suíza de prohibir cociñar os crustáceos vivos en auga fervendo

10 avances científicos que cambiaron o mundo en 2017

As ondas gravitacionais, os avances na terapia xénica e a loita contra o cancro, algúns dos avances destacados por "Science"

Inscrición aberta para a XIII Olimpíada Galega de Bioloxía

Os estudantes galegos de 2º de Bacharelato que cursen Bioloxía durante este curso poden inscribirse xa na 13ª edición da Olimpíada de Bioloxía, na...

As miñocas, ameazadas polo arado intensivo nas leiras

A UVigo lidera unha investigación mundial sobre o impacto da agricultura nas poboacións destes vermes

O fráxil equilibrio da píllara das dunas

Esta ave, que ten en Galicia o seu último reduto no norte da Península, é moi sensible á acción humana e aos depredadores

As III Xornadas de Especies Invasoras conciencian sobre os seus perigos

As charlas foron organizadas pola Delegación de Alumnos Lynn Margulis e o proxecto divulGATE

O proxecto divulGATE analiza na Uvigo as especies invasoras

As xornadas inclúen unha saída de campo nas Illas Cíes os días 3 e 4 de xuño

Charla sobre a doazón de médula na facultade de Bioloxía da USC

Intervirán o profesor de Medicina José Luis Bello López e representantes da Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea