Obradoiro de fotografía microscópica na Facultade de Bioloxía da USC

Alumni USC organiza a xornada ‘A vida baixo o microscopio. Obradoiro de observación e fotografía microscópica’, deseñada como unha introdución ao manexo do microscopio e ao emprego das tecnoloxías de tratamento das imaxes, que constitúen un recurso didáctico moi potente. É unha actividade gratuíta de interese para persoas que se dedican á investigación ou á docencia, especialmente en secundaria, e tamén para aquelas que teñan gusto polo coñecemento da natureza e moi especialmente para o alumnado dos últimos cursos de grao e de máster. 

O doutor en Bioloxía Antonio Guillén Oterino, actualmente profesor de secundaria en Logroño, impartirá o programa repartido entre os días 5 e 6 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas no Laboratorio de prácticas número 3 da Facultade de Bioloxía. Guillén Oterino conta con numerosos premios e recoñecementos nacionais e internacionais pola súa moi innovadora actividade docente. Xa ten colaborado con anterioridade con Alumni USC, recentemente cunha charla sobre a contaminación do lago de Sanabria.

Publicidade

As persoas interesadas deberán inscribirse entre as 9.00 horas do luns 1 de outubro e as 14.00 horas do xoves 4 de outubro de 2018. Para acadar máis información, poder dirixirse á web de Alumni USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O biólogo galego que percorre o mundo: 300 incribles imaxes da natureza en máis de 70 destinos

Gonzalo Mucientes publica 'El Naturalista Impaciente', un libro que condensa a súa paixón por viaxar con impactantes fotografías de fauna e flora de todo o globo

As dúas especies galegas de cabaliños de mar, en perigo: “Estamos esnaquizando o seu hábitat”

O declive dos 'Hippocampus' nas costas impulsa o proxecto Hippo-Dec, centrado en avaliar as súas poboacións e identificar zonas prioritarias de conservación

Un equipo da USC revela que o metabolismo non é consecuencia directa dos ritmos biolóxicos

Os achados abren novas perspectivas para o tratamento personalizado de trastornos como a síndrome metabólica ou as alteracións asociadas ao traballo por quendas