O galego Pedro Vieites, medalla de bronce na Olimpíada de Bioloxía

O xoven Pedro Vieites Pérez, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, obtivo en Loja (Ecuador), unha das medallas de bronce da XII Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía, na que participou representando a España. Vieites competiu xunto a tres compañeiros no certame, que se desenvolveu entre os días 9 e 15 deste mes nesta cidade ecuatoriana.

Xunto a Vieites, Iker Puerto (Andalucía) e Laura Hidalgo (Castilla y León) conseguiron senllas medallas de ouro, e ‎Eduardo Martínez (Madrid) recibiu tamén unha medalla de bronce.

Publicidade

España quedou en segundo lugar, con dous ouros e dous bronces, por detrás de Costa Rica

Foi, en palabras da delegación española, un “rotundo éxito” no certame, no que España qeudou en segundo lugar detrás de Costa Rica, o que supón o mellor resultado das 12 edicións celebradas ata agoa na Olimpiada Iberoamericana.

Nesta ocasión, como contou GCiencia hai unhas semanas, a delegación estatal viuse obrigada a abrir unha campaña de financiamento para sufragar os gastos da viaxe, ante a falta de apoio institucional. Porén, pouco despois de esta acción, segundo indicou Antonio Jimeno, membro da xunta directiva da Olimpiada Española de Bioloxía (OEB), a entidade recibiu o apoio económico de diferentes entidades, como as consellerías de Educación de Galicia, Andalucía e Madrid, varios colexios autonómicos de Biólogos e outras entidades.

Publicidade

Nunha situación semellante estivo a delegación española da Olimpiada Internacional de Matemáticas, na que o galego Santiago Vázquez obtivo tamén unha medalla de bronce, que tivo que recorrer á axuda privada para poder viaxar ao certame.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O biólogo galego que percorre o mundo: 300 incribles imaxes da natureza en máis de 70 destinos

Gonzalo Mucientes publica 'El Naturalista Impaciente', un libro que condensa a súa paixón por viaxar con impactantes fotografías de fauna e flora de todo o globo

As dúas especies galegas de cabaliños de mar, en perigo: “Estamos esnaquizando o seu hábitat”

O declive dos 'Hippocampus' nas costas impulsa o proxecto Hippo-Dec, centrado en avaliar as súas poboacións e identificar zonas prioritarias de conservación

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval