A Vuelta a España pola Ciencia bota a andar en Galicia

O mesmo día no que o pelotón da Vuelta a España 2018 chegará ás rúas de Madrid, na última etapa da carreira, outra Vuelta comezará nas rúas de Vigo. Será tamén sobre a bicicleta, pero traerá consigo, a maiores, unha reivindicación necesaria. É a Vuelta a España pola Ciencia, unha iniciativa de cinco científicos apaixonados polo deporte, dous deles da Universidade de Vigo (Luís Navarro e José María Sánchez), que botou a andar este ano para divulgar o traballo dos científicos españois e, en palabras dos seus impulsores, para “remexer conciencias sobre as dificultades para investigar en España”.

O grupo Divulgare da UVigo, que dirixe o propio Navarro, preparou un vídeo promocional para a carreira.

Publicidade

Desde o día 17 e ata o 21, o pelotón científico – que completan Pablo Vargas, Adrián Escudero y Fernando Valladares – visitará as universidades de Vigo, Santiago de Compostela, Oviedo, León, Salamanca e Madrid (Universidad Rey Juan Carlos). O día 16,  a UVigo acollerá ademais a presentación da iniciativa ás 18 horas.

Programa da Vuelta

En cada etapa, os científicos farán parte do traxecto, uns 120 quilómetros, en bicicleta, e entrarán nas cidades de chegada con outros científicos e simpatizantes para facer visible a súa reivindicación. Na ruta, o pelotón aproveitará tamén para elaborar pílulas divulgativas sobre a relevancia científica dos lugares que van percorrendo (paisaxe, flora, fauna, o impacto humano, etc.).

Publicidade

Cada etapa rematará nas cidades de chegada cun acto divulgativo aberto ao público

Ademais, nas universidades de cada unha das cidades celebraranse actos académicos abertos ao público. Os científicos participantes na Vuelta ofrecerán charlas sobre a situación da ciencia en España e sobre temas de actualidade no eido da bioloxía, como o cambio climático, as interaccións biolóxicas, as especies invasoras ou o impacto humano no medio ambiente. Haberá tamén unha rolda de preguntas na que o público poderá facer cuestións aos científicos.

Toda a información sobre a Vuelta Ciclista pola Ciencia na súa web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos

Ciencia sen mans

Sen financiamento suficiente para persoas, equipamento e planificación a longo prazo, a excelencia científica convértese nun obxectivo difícil de acadar. Por Xunta de representantes de InvestiGal