Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?

Nova sesión das Regueifas de Ciencia, e novo debate interesante e de actualidade. O vindeiro 22 de outubro, ás 20 horas, na Facultade de Comunicación de Santiago, tres expertas e un experto debaterán sobre o xénero. Partindo da pregunta “Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?”, discutirase sobre se o xénero é unha construcción social ou é biolóxica.

Segundo explican desde a organización das Regueifas, “existe unha corrente que afirma que o xénero é unha construcción puramente social e cultural que se atopa de fronte cós que consideran que hai unha compoñente biolóxica“. Deste xeito, a existencia de roles de xénero complica moito distinguir qué similitudes e qué diferenzas existen entre homes e mulleres de xeito natural.

Publicidade

A interpretación social de ser home ou muller ten outorgado a cada persoa a súa función no mundo antes de nacer, por isto, hoxe fáisenos difícil diferenciar o que hai de biolóxico e que hai de cultural e aprendido no masculino e no feminino.  Dende a psicoloxía, moitos estudos se teñen centrado en investigar se esta distinción de roles se debe a diferentes aptitudes innatas ou polo contrario, se as desigualdades sociais son as que crearon estas diferenzas.

Para abordar o asunto, formaranse dous equipos. Da banda que afirma que si existe unha base biolóxica nas diferenzas de xénero estarán Rosalind Arden, investigadora da London School of Economics, e Ferran Suay, profesor de Psicobioloxía na Universtat de València. Da parte que nega estas diferenzas estarán Angela Saini, escritora e xornalista, e autora do libro Inferior, e Pilar López Sancho, profesora de investigación do ICMM-CSIC e membro da Comisión Muller e Ciencia do CSIC.

Publicidade

O acceso ás sesións será, coma sempre, gratuíto e libre ata completar o aforo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O biólogo galego que percorre o mundo: 300 incribles imaxes da natureza en máis de 70 destinos

Gonzalo Mucientes publica 'El Naturalista Impaciente', un libro que condensa a súa paixón por viaxar con impactantes fotografías de fauna e flora de todo o globo