Saúde

En busca doutros síntomas do coronavirus máis aló da febre e da tose

Lesións cutáneas, perda de gusto e olfacto ou trastornos oculares están a ser investigados como serios candidatos a detectar o SARS-CoV-2

Por que non hai máis laboratorios en Galicia facendo as probas PCR?

As análises para detectar o SARS-CoV-2 limítanse a hospitais e un centro privado a pesar do ofrecemento de universidades, centros públicos e empresas

Zendal súmase desde O Porriño á procura dunha vacina para o coronavirus

O grupo biotecnolóxico galego obtén financiamento para estudar a posible utilización da súa vacina contra a tuberculose fronte ao SARS-CoV-2

O distanciamento debería seguir ata 2022 se non hai unha vacina

Un estudo da Universidade de Harvard publicado na revista Science debuxa un panorama de confinamentos intermitentes a longo prazo

José Martínez: “Temos un sistema para buscar a vacina que ninguén máis ten”

O equipo que lidera o científico do CiQUS obtivo financiamento para buscar a inmunización fronte ao SARS-CoV-2 a través de microesferas

Epidemiólogos galegos: “Comeza a verse a luz ao final do túnel”

"O final da pandemia non chegará ata que pasemos moitos días sen novos infectados e iso está moi lonxe"

Xa hai 70 vacinas en investigación no mundo, tres en humanos

A OMS publica un catálogo cos proxectos en marcha, todos acelerados e algúns deles que teñen saltado o proceso de proba en animais

Galicia ten o menor exceso de mortalidade nas últimas semanas en España

O sistema de vixilancia do Instituto Carlos III detectou un 14% de exceso en Galicia, fronte ao 71% de España e de máis do 150% nalgunhas rexións

África González: “Creo que as medidas de apertura chegan bastante pronto”

A catedrática de Inmunoloxía da UVigo, presidenta da Sociedad Española de Inmunología, apunta que se debería agardar a coñecer mellor a inmunidade da poboación

Protección, hixiene e distancia social: claves para reducir o risco

O epidemiólogo e profesor da USC Francisco Caamaño Isorna expón algunhas recomendacións para reforzar a seguridade fronte ao coronavirus

A USC busca fármacos contra o coronavirus baseados no ARNm

A catedrática María José Alonso dirixe o equipo busca "vehículos" (que simulan virus artificiais) para a protección e transporte do RNAm á célula diana

O coronavirus é un ser vivo?

O debate científico continúa sobre a verdadeira natureza dos virus como entes biolóxicos con características moi especiais

Un equipo galego buscará unha vacina fronte á Covid-19

O grupo do CiQUS que lidera José Martínez Costas traballará no desenvolvemento dunha vacina baseada nunha metodoloxía patentada na USC

As preguntas e respostas sobre o barullo das probas do coronavirus en Galicia

O envío de preto de 60.000 probas por parte do Goberno español viuse envolto na polémica polas características das mesmas

A Xunta abre a polémica cos test rápidos de Sanidad: “Non teñen utilidade clínica”

A Delegación do Goberno sostén que o tipo de probas remitidas a Galicia foi elixido "en consenso coas comunidades autónomas" entre máis de 70 modelos

Estiman 150.000 mortes en Europa na primeira onda da pandemia

O modelo da Universidade de Washington predí 19.209 mortes totais en España por COVID-19 ata o mes de agosto