Xa hai 70 vacinas en investigación no mundo, tres en humanos

A OMS publica un catálogo cos proxectos en marcha, todos acelerados e algúns deles que teñen saltado o proceso de proba en animais

Actualmente estanse desenvolvendo polo menos 70 posibles vacinas contra o coronavirus, das cales tres xa están en ensaios clínicos, segundo a Organización Mundial da Saúde .

A OMS publicou unha lista actualizada, que amosa unha ampla gama de empresas e institucións que buscan vacinas que poderían deter o coronavirus.

Publicidade

A medida que o virus continúa a propagarse, xa con máis de 1,9 millóns de persoas infectadas e coa morte de máis de 110.000 en todo o mundo, os investigadores traballan para atopar unha vacina efectiva contra o SARS-CoV-2. Eses esforzos de investigación involucran unha variedade de organizacións, desde xigantes farmacéuticos e pequenas empresas de biotecnoloxía ata centros académicos e organizacións sen fins de lucro.

O desenvolvemento dunha nova vacina adoita ser un proceso custoso, complicado e prolongado, que require centos de millóns de dólares e anos de probas para determinar se unha vacina é segura e efectiva. Aínda que esta pandemia actual é o terceiro brote de coronavirus do século XXI (os dous primeiros foron SARS e MERS), aínda non existen vacinas aprobadas para os coronavirus.

Publicidade

A empresa chinesa de biotecnoloxía CanSino xa está a traballar na fase dous de ensaios en humanos para a súa vacina experimental, mentres que dúas empresas de biotecnoloxía con sede nos Estados Unidos (Inovio Pharmaceuticals e Moderna)comezaron as probas en humanos.

Un equipo galego buscará unha vacina fronte á Covid-19

Grandes corporacións como Johnson & Johnson e Sanofi tamén están na carreira para desenvolver vacinas .

O máis avanzado no proceso clínico é unha vacina experimental desenvolvida por CanSino Biologics Inc. e o Instituto de Biotecnoloxía de Beijing, que se atopa na fase 2. As outras dúas que se están probando en humanos son tratamentos desenvolvidos por separado polos fabricantes de drogas estadounidenses Moderna Inc e Inovio Pharmaceuticals Inc.,  segundo o documento da OMS.

Están a producirse progresos a unha velocidade sen precedentes no desenvolvemento de vacinas. A industria farmacéutica espera reducir o tempo que poñer unha vacina nomercado, xeralmente entre 10 e 15 anos, dentro do vindeiro ano.

Xigantes farmacéuticos como Pfizer e Sanofi teñen candidatos a vacinas nas etapas preclínicas, segundo o documento da OMS.

Moderna, con sede en Cambridge, Massachusetts, que nunca lanzou un produto, recibiu a aprobación regulatoria para pasar rapidamente aos ensaios en humanos en marzo, omitindo os anos de ensaios con animais que son a norma no desenvolvemento de vacinas. Inovio comezou as súas probas en humanos a semana pasada.

O CSIC busca unha vacina contra o virus SARS-CoV-2 modificando o da varíola

Anthony Fauci, director do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, calculou que aos proxectos desenvolvidos no seu país “aínda lle faltan polo menos 12 a 18 meses para ver unha vacina”, e varios expertos advertiron que tratar de cumprir ese prazo é un plan arriscado que podería ser contraproducente.

“Cando o Dr. Fauci dixo 12 a 18 meses, pensei que era ridículamente optimista”, dixo á canle de televisión CNN Paul Offit, o co-inventor da vacina contra o rotavirus a fins da década de 1990.

Xeralmente as vacinas novas próbanse primeiro nun laboratorio, logo en animais e logo nun pequeno grupo de persoas antes de que finalmente poidan ser ensaiadas en grupos humanos máis grandes para ver se poden previr unha enfermidade. Son varios chanzos, cadanseu cos seus prazos.

Moitos expertos están preocupados porque eludir calquera deses pasos para obter unha vacina pode levar a riscos como que unha vacina realmente debilite a resposta dunha persoa ao virus.

Pero na présa por atopar unha vacina contra o coronavirus, algúns fabricantes de medicamentos están a saltarse algúns pasos, como as probas en animais. De feito, un dos proxectos de vacina en marcha na China xa anunciou que pasaba directamente a humanos.

Aquí podes consultar a listaxe da OMS cos proxectos de vacinas

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia prevé acabar coa hepatite C en 2026, catro anos antes da meta establecida pola OMS

O cribado galego implantado en xullo de 2023 permitiu a detección de 372 casos de infección activa e a realización de máis de 280.000 probas

12 mitos sobre a endometriose

Unha paciente típica adoita ter regras moi dolorosas, e pode sufrir problemas dixestivos, dor coas relacións sexuais e infertilidade, entre outros síntomas

Por que se esgotou (outra vez) o papel hixiénico o día do apagamento?

O comportamento colectivo de compra compulsiva é un patrón habitual das crises, e así aconteceu durante a pandemia de 2020

“A ‘enfermidade X’ pode chegar a ser unha ameaza para a nosa forma de vida”

A doutora María Eugenia Puentes alerta da necesidade de mellorar protocolos e prepararse ante futuros desafíos epidemiolóxicos