Un equipo galego buscará unha vacina fronte á Covid-19

O grupo do CiQUS que lidera José Martínez Costas traballará no desenvolvemento dunha vacina baseada nunha metodoloxía patentada na USC

O investigador José Martínez Costas, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) traballará no desenvolvemento dunha vacina fronte á Covid-19 baseándose unha nova metodoloxía patentada na USC que permite resultados en marxes de tempo reducidos e a baixo custo. Esta nova liña de traballo acaba de obter o financiamento do Instituto de Salud Carlos III e, como explica o doutor Martínez Costas, a metodoloxía a partir da que se traballará está xa patentada polo propio grupo de investigación da USC e permite producir vacinas contra calquera patóxeno.

“Facemos que células de calquera orixe fabriquen microesferas e introduzan dentro delas os antíxenos víricos” explica Martínez Costas. Estas partículas “purifícanse moi facilmente e teñen capacidade intrínseca para estimular ao sistema inmune, o que as converte en ideais como vacinas para o coronavirus, doenza que afecta principalmente a persoas de idade avanzada cuxo sistema inmune sole estar debilitado”, engade o investigador.

Publicidade

O equipo do CiQUS traballará na produción da vacina mentres que o ensaio en animais levarao a cabo outro equipo do Centro de Investigación en Sanidade Animal de Valdeolmos (Madrid). Se se comproba que a estratexia achega resultados positivos, o equipo buscará financiamento adicional para iniciar ensaios clínicos.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Unha vacina contra o melanoma? Que hai realmente detrás do anuncio de Merck e Moderna

Aínda non se coñecen os resultados completos da fase III do ensaio no que participaron máis de 1.000 persoas. Por Cristina Penas Lago