Zendal súmase desde O Porriño á procura dunha vacina para o coronavirus

O grupo biotecnolóxico galego obtén financiamento para estudar a posible utilización da súa vacina contra a tuberculose fronte ao SARS-CoV-2

O grupo Zendal, con base na localidade do Porriño e especializado na I+D+i no eido da saúde, toma posicións no inxente esforzo investigador que científicos, institucións e empresas de todo o mundo están a realizar na busca dun tratamento máis eficaz para as persoas contaxiadas polo coronavirus SARS-CoV-2. Este mércores, o Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) anunciou a concesión de financiamento para un proxecto que estudará se a vacina contra a tuberculose MTBVAC, deseñada pola farmacéutica Biofabri, pertencente ao grupo galego, e a Universidad de Zaragoza, podería ser útil fronte ao virus que está xerando unha pandemia en boa parte do planeta. Este proxecto súmase ao apoio que Zendal tamén prestou á investigación que lidera desde Santiago de Compostela o científico José Martínez Costas, que xa está a traballar, con fondos tamén achegados polo ISCIII, cunha metodoloxía patentada na universidade compostelá.

Estudos coa vacina da tuberculose

Segundo explicou nun comunicado o grupo Zendal, a investigación que financia o ISCIII analizará por primeira vez a eficacia da centenaria vacina contra a tuberculose (BCG) comparándoa coa candidata española a vacina viva atenuada, desenvolvida polo grupo porriñés e o equipo de investigación xenética de micobacterias da Universidade de Zaragoza que dirixe o científico Carlos Martín, e que ten o nome de MTBVAC, para ver a súa utilidade fronte ao SARS-CoV-2.

Publicidade

Neste proxecto, que se prolongará ao longo do próximos catro meses en colaboración cun centro holandés, os científicos aragoneses explorarán se a inmunidade inespecífica fronte a  SARS- CoV-2 que podería xerar a MTBVAC pode ser o suficientemente eficaz como para iniciar ensaios en humanos proximamente.

Instalacións da empresa Biofabri, do grupo Zendal, no Porriño.
Instalacións da empresa Biofabri, do grupo Zendal, no Porriño.

Andrés Fernández, CEO de Zendal, destaca en palabras recollidas polo grupo que “se os resultados de MTBVAC son positivos, serviría como proba de concepto para iniciar estudos en persoal sanitario e traballadores de residencias de anciáns en contacto directo con pacientes coa Covid-19″.

A MTBVAC leva tempo sendo estudada mediante ensaios clínicos en humanos, e ofrécese como unha candidata alternativa á histórica BCG para a vacinación universal contra a tuberculose, que segue causando no mundo 1,4 millóns de mortes e 10 millóns de novos casos cada ano.

Despois de varias décadas de investigación neste campo, a MTBVAC, a primeira baseada no patóxeno humano Mycobacterium tuberculosis (Mtb), demostrou en estudos preclínicos perfís de seguridade similares e unha maior protección contra a tuberculose pulmonar que a vacina BCG.

A galega Biofabri avanza nos ensaios coa vacina da tuberculose en adultos

A proposta do equipo de Carlos Martín foi avaliada favorablemente polo Comité Científico-Técnico de Avaliación que concede o ISCIII, o que o converte nun dos 15 proxectos financiados por esta liña urxente de axudas, e da que tamén obtivo apoio ata agora o grupo de Martínez Costas no CiQUS. As investigacións apoiadas neste fondo teñen por obxectivo xerar coñecemento sobre o virus e buscar solucións a curto prazo que melloren a vida dos pacientes e o traballo dos profesionais sanitarios e investigadores. Como salienta Zendal, esta concesión “avala o o traballo da Universidade de Zaragoza durante máis de dúas décadas nesta vacina deseñada na Universidade de Zaragoza coa empresa  Biofabri como socio para o seu desenvolvemento industrial e clínico”.

Ensaios coa BCG nos Países Baixos

A finais de marzo de 2020, comezou nos Países Baixos un ensaio clínico en persoal sanitario en contacto con pacientes afectados pola Covid-19 para estudar a protección da BCG fronte á infección por SARS- CoV-2, que nunca foi probada en modelos animais. O presente proxecto estuda por primeira vez a eficacia de BCG comparada coa MTBVAC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:11

Crítica situación da cigala en Galicia: "O maior impacto foi a elevada presión pesqueira"

A captura do crustáceo está prohibida dende Cedeira ata o Miño dende 2017 e avaliarase a súa reapertura en 2025

A innovadora técnica dun equipo galego para detectar ineficiencias nas empresas

'InVerbis Analytics', que naceu como un proxecto de investigación da USC, é agora un servizo que permite optimizar as operacións doutras compañías grazas á minería de datos

Obeliscos: o descoñecido microorganismo que acaban de atopar no corpo humano

A nova entidade biolóxica, que recibe o nome pola súa semellanza cos monumentos exipcios, pode ter un papel clave na regulación da dixestión e no funcionamento do sistema inmune

Traxedia en Valencia con 62 mortos pola DINA: pode Galicia sufrir unha situación así?

O paso da gota fría deixa unha chea de municipios inundados e completamente estragados no Levante: o helicóptero galego Pesca 1 axudará nos labores de rescate