Todos os alumnos pasarán de curso e non haberá suspensos agás “en circunstancias excepcionais” que deberán ser xustificadas e aprobadas nunha segunda instancia. O Ministerio de Educación acordou este mércores coas comunidades autónomas que este curso todos os alumnos de infantil, primaria, secundaria e primeiro de bacharelato promocionen, o que quere dicir que todos pasen de curso, pero non coa mesma nota.
Segundo curso de bacharelato non estará afectado por estas medidas. Será cada Comunidade a que decidirá o xeito de avaliar, aínda que o criterio xeral exposto na reunión de hoxe será avaliar os dous primeiros trimestres nos que houbo clases presenciais. Para a selectividade está por definir con exactitude a súa fórmula, pero está decidido que se manteñen as probas de acceso aínda que cun formato máis sinxelo, que está por definir.
Os profesores terán que decidir a cualificación de cada estudante baseándose nas notas obtidas durante os dous primeiros trimestres, o período no que as clases foron presenciais antes de que se decretase o estado de alarma e todo o alumnado non universitario quedase afectado polo peche dos centros.
A avaliación do terceiro trimestre só poderá ser tida en conta para ben. E a avaliación final incluirá un informe personalizado de cada alumno que servirá para deseñar os plans de reforzo que se poñerán en marcha para compensar as excepcionais condicións do final do actual curso.
A repetición reservarase só para casos excepcionais e os centros necesitarán a autorización da Administración autonómica para facela efectiva. Os plans de reforzo despregaranse a principios do curso que vén, o que esixirá reducir os contidos que estaban previstos para o mesmo. Tamén é posible que sexan implantados durante o verán. O plan das autoridades educativas consiste en contratar para iso a profesores de reforzo expresamente para tal fin.
A avaliación do terceiro trimestre só poderá ser tida en conta para ben
Este ó o acordo que hoxe pactaron na conferencia sectorial mantida por videoconferencia entre a ministra de Educación, Isabel Celaá, e os conselleiros autonómicos, un encontro moi esperado pola comunidade educativa. O ministerio seguiu as recomendacións do Consello Escolar do Estado, máximo órgano consultivo en materia educativa do Gobernoa.
Para non prexudicar aos alumnos que non dispoñen de dispositivos dixitais ou Internet na casa (un 10% dos 8,2 millóns en toda España), o acordo contempla que a repetición será unha medida “excepcional”, de xeito que os equipos docentes necesitarán a autorización da Administración para facer repetir a un estudante.
España lidera (xunto a Luxemburgo) a taxa de repetición dos países da Unión Europea. A taxa de repetición media na ESO é do 12,5%; e a porcentaxe de alumnos que pasan de curso con algunha materia suspensa ascende ao 23,7%. En Primaria, o 14,4% dos alumnos repite nalgún dos seus seis cursos.
Non son os profesores, agás en casos muy limitados, os que deciden promocionar ou repetir aos alumnos, senón a propia LOMCE, que fixa o número de materias suspensas que impiden a promoción.
Quería saber si, los de fp aprueban o que pasa, también hay que contar con ellos perdieron el curso y las prácticas.