O distanciamento social é o mellor escudo contra o coronavirus mentres non exista unha vacina ou un tratamento. E, malia que os gobernos en todo o mundo xa falan de medidas de apertura, sucéndese as voces dos científicos que din que serán necesarias medidas de illamento prolongadas. Agora, é un estudo da Universidade de Harvard na revista Science (dúas institucións no cume da autoridade científica) que insiste en adiar as medidas ata o 2022.
Un bloqueo único non deterá o novo coronavirus e requiriranse períodos repetidos de distanciamento social en 2022 para evitar que os hospitais se vexan colapsados, manifestan os autores do estudo.
A simulación por computadora do equipo de Harvard publicada en Science , asume que a COVID-19 se volverá estacional, como os coronavirus similares que causan o arrefriado común, con taxas de transmisión máis altas nos meses máis fríos.
Pero aínda se descoñece moito, incluído o nivel de inmunidade adquirido por unha infección previa e canto tempo dura, din os autores do traballo. “Mesmo é probable que as medidas de distanciamento social sexan insuficientes para manter a incidencia do SARS-CoV-2 dentro dos límites da capacidade de atención crítica nos Estados Unidos”, dixo o autor principal Stephen Kissler.
“O que parece ser necesario en ausencia doutro tipo de tratamentos son os períodos intermitentes de distanciamento social”, agregou. Para conter a pandemia, ademais do illamento, será necesario realizar probas virais xeralizadas para determinar cando se cruza o limiar que obrigará a volver ao distanciamento, din os autores, que prevén periodos sucesivos de entrada e saída do confinamento.
Xa hai 70 vacinas en investigación no mundo, tres en humanos
A duración e intensidade dos bloqueos pódense relaxar a medida que os tratamentos e as vacúas estean dispoñibles. Pero na súa ausencia, o distanciamento intermitente daríalle aos hospitais tempo para aumentar a capacidade de atención crítica para atender o aumento de casos.
O estudo sinala, pola contra, que demasiado distanciamento social sen respiro tamén podería ser malo. Baixo un escenario modelado “o distanciamento social podería ser tan efectivo que practicamente non se construiría inmunidade poboacional“, di o documento, de aí a necesidade dun enfoque intermitente.
Os autores recoñeceron que un inconveniente importante no seu modelo é o pouco que sabemos actualmente sobre como de forte é a inmunidade dunha persoa previamente infectada e canto dura. Na actualidade, as mellores suposicións baseadas en coronavirus estreitamente relacionados son que conferirá certa inmunidade, durante aproximadamente un ano. Tamén pode haber certa inmunidade de protección cruzada contra a COVID-19 se unha persoa está infectada por un coronavirus común que causa o arrefriado.
Con todo, unha cousa é case segura: o virus chegou para quedar. O equipo conclúe no seu artigo en Science que é ‘moi pouco probable’ que a inmunidade fora dabondo forte como para que a COVID-19 se extinga despois dunha onda inicial, como aconteceu co brote de SARS de 2002-2003.
As probas sobre anticorpos e inmunidade nos vindeiros meses van ser fundamentais para tomar novas medidas. E unha vacina segue sendo a arma definitiva. Ata que exista, o estudo asegura que será necesario seguir en illamento social intermitente ata o ano 2022.
Aquí podes consultar o artigo na revista Science















