Saúde

Realizan o primeiro transplante de pulmón completamente robótico sen abrir o tórax

Os órganos foron substituídos pola parte inferior do esterno, o que permite realizar unha incisión tres veces máis pequena da habitual

O electroshock: unha terapia rexeitada pola sociedade pero avalada polos científicos

Un home de Arzúa foi ingresado no hospital de Conxo e un xuíz autorizou o tratamento electroconvulsivo en contra da súa opinión

Xaxún intermitente si ou non? Un estudo suxire que empeora a fertilidade

As dietas de restrición de alimentos por horas causan problemas na calidade dos óvulos e o esperma segundo unha investigación feita con peixes cebra

O mito da ‘depresión postvacacional’: cando a tristeza agocha un caso de abuso laboral

A psiquiatra Iria Veiga incide en que se as reaccións emocionais son graves e continuadas no tempo hai que actuar

Tres anos sen síntomas: así funciona a revolucionaria terapia contra a hemofilia

Iván Torcal foi un dos primeiros pacientes de Galicia en someterse a unha terapia xénica que eliminou temporalmente a súa sintomatoloxía

Paciente de amiloidose cardíaca: “A sanidade pública non financia o único fármaco que a frea”

Carlos Rodríguez, un dos 10 galegos con esta enfermidade rara, explica que as caixas de 30 cápsulas custan 11.000 euros

Galicia está entre as comunidades con maior taxa de ingresos por herpes zóster

Investigadores do Instituto de Saúde Carlos III publican un estudo sobre o aumento das hospitalizacións derivadas do virus

Realidade virtual para tratar o párkinson: “Nuns anos estará implantada na sanidade pública”

Un estudio pioneiro da Universidade de Vigo afonda no traballo cognitivo a través de terapias inmersivas

O Hospital de Pontevedra aplicará intelixencia artificial nos cribados de cancro de colon

Pontevedra atópase entre as 20 provincias con máis incidencia de España, con case un milleiro de casos anuais

Contaminantes en leite materno: “Detectamos 60 compostos daniños, algúns canceríxenos”

Un estudo pioneiro en Galicia analiza 81 mostras para detectar substancias nocivas para as nais e os bebés

Aprobada a primeira vacina española contra a covid-19

A Comisión Europea outorgará a autorización de comercialización para que poida distribuírse en todos os Estados membro da UE

“Facer ‘sentadillas’ reduce máis a mortalidade que saír pasear”

Raquel Blasco Redondo, experta en medicina deportiva, insiste en que fortalecer os músculos é o que mellora a supervivencia

Nova esperanza contra o lupus: proban a eficacia da terapia CAR-T

Realizan o primeiro ensaio clínico que analiza a seguridade e o efecto deste tratamento nunha enfermidade autoinmunitaria

Máis de 15 casos de sarna en Vigo: como previr o contaxio?

Varios estudantes da Escola Superior de Arte Dramático infectáronse e o centro pechará o próximo luns para unha intensa limpeza

As augas residuais de Santiago revelan menor consumo de cocaína pero un rápido aumento de MDMA

A capital galega tamén está no top 20 de cidades europeas auditadas que máis cannabis consomen

O 77% das mulleres maiores de 70 anos ten insuficiencia venosa crónica

A doenza maniféstase coa aparición de edemas e úlceras nos nocellos e nas pernas, que poden mellorar coa cura termal