Saúde

O quefir modula receptores intestinais implicados na resposta inmunitaria

Un estudo amosa que a bebida elaborada a partir de leite fermentada regula distintas vías de sinalización das defensas do organismo

Da sospeita ao diagnóstico en tempo récord: o novo método galego fronte á celiaquía

Un estudo realizado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) desenvolve un algoritmo que acelera a detección da intolerancia e facilita o acceso a un tratamento temperán

Un proxecto sobre o cancro de mama triplo negativo do CINBIO gaña o premio Zendal

O equipo liderado por María Mayán aproveitará os fondos para comezar cos ensaios preclínicos en modelos animais

Un estudo do CSIC descobre sinais de inflamación arterial no ADN despois dos 50 anos

Os investigadores identifican tamén células inmunitarias 'esgotadas' que poderían explicar por que a inchazón persiste na enfermidade denominada arterite de células xigantes

Os casos de clamidia dispáranse en Galicia e aumentan un 46% en só un ano

Un cambio de tendencia na última década provoca que se multiplique por cinco a incidencia do gonococo e se incrementen os casos de sífile

Pontevedra xa rexistra máis mortes por cancro de pulmón que o de mama en mulleres

No ano 2024, a provincia galega sumou 159 falecementos por tumor pulmonar, fronte aos 146 causados por carcinoma mamario, segundo datos provisionais do INE

Do porco ao corpo: teñen futuro os transplantes de órganos animais en Galicia?

O uso de compoñentes vitais doutras especies é relevante, pero o modelo de doazóns en España amosa que hai marxe de mellora no sistema actual

Son beneficiosas as lentes que bloquean a luz azul?

A evidencia científica pon en dúbida a necesidade de utilizar filtros para protexerse da iluminación das pantallas do móbil e do portátil

Abelás no interior e mariscos na costa: unha guía das alerxias alimentarias en Galicia

A incidencia de reaccións a determinados alimentos crece cada ano e varía segundo a idade, as dietas e a zona xeográfica, con diferenzas mesmo entre provincias

Contaminación por ozono: toda Galicia afectada agás as cidades de Lugo e Pontevedra

Ecoloxistas en Acción conclúe que a comunidade rexistrou un descenso no número de veces que se superan os limiares da OMS nos últimos anos

Horario de verán ou de inverno: que lle convén a Galicia en caso de eliminar o cambio

Amencer ás dez da mañá ou que anoiteza ás seis da tarde pode provocar consecuencias negativas para a saúde

Por que envellece o cerebro? “As neuronas teñen a mesma idade ca nós”

As biólogas celulares Ana María Cuervo e Isabel Fariñas analizarán os retos e avances relacionados co envellecemento no XXI Congreso da Sociedade de Bioloxía Celular, que se celebrará na USC

Por que a xente volve fumar e como deixalo (mesmo tarde) protexe o cerebro

Dous novos estudos mostran que o cansazo psicolóxico ao deixar o tabaco é un factor clave nas recaídas, mentres que abandonar o hábito, mesmo a partir dos 50 anos, asóciase cun declive cognitivo máis lento

SIBO, o novo diagnóstico de moda: que é, síntomas e tratamento

A investigadora do IDIS e nutricionista Paula Mariño explica que o sobrecrecemento bacteriano no intestino delgado existe, con probas específicas para o seu diagnóstico

A microbiota intestinal abre unha nova vía para previr a deterioración cognitiva

Un equipo do CSIC identifica en persoas maiores de 55 anos sas unha relación entre o ecosistema microbiano e a actividade cerebral asociada á memoria, á linguaxe e ás emocións