Contaminación por ozono: toda Galicia afectada agás as cidades de Lugo e Pontevedra

Ecoloxistas en Acción conclúe que a comunidade rexistrou un descenso no número de veces que se superan os limiares da OMS nos últimos anos

A totalidade da poboación galega, excepto a que vive nas zonas de Lugo e Pontevedra cidade, están expostos á contaminación por ozono. Esa é unha das conclusións do informe publicado por Ecoloxistas en Acción que recolle a emisión deste contaminante que causa cada ano ata 500 mortes en Galicia, segundo informan. Só durante este verán con altas temperaturas e grandes lumes, a calor e o ozono provocaron 403 mortes, segundo os datos que o informe recolle. O documento tamén rexistra un pico no último ano das emisións de ozono como consecuencia das vagas de calor.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) determina que estar exposto máis de oito horas consecutivas ao aire cun valor superior a 100 microgramos por metro cúbico de ozono troposférico é prexudicial. A institución establece que ese valor non se debería superar máis de tres veces ao ano. As únicas que non excederon ese límite foron Pontevedra, que só as superou dúas veces, e Lugo, que nunca o fixo. As áreas máis afectadas son Ourense, a zona norte de Galicia e a zona sur. As tres superaron durante polo menos 20 días os valores recomendados. No caso da zona norte de Galicia, houbo cinco xornadas nas que se excedeu o limiar no que se debe informar á poboación. Ningunha zona da comunidade superou o limiar de alerta.

Publicidade

Galicia é a única comunidade, xunto coa Rioxa, na que todas as zonas rexistraron un descenso con respecto aos valores acadados entre 2012 e 2019. Ademais dos de Lugo e Pontevedra, que loxicamente acadan os mellores resultados, tamén destaca os datos de Vigo e a súa área metropolitana. A cidade olívica tivo unha diminución da superación dos limiares do 93% con respecto ao obxectivo legal e do 73% con respecto ás recomendacións da OMS.

Un descenso que contrasta co resto de España

“Durante 2025, o ozono troposférico reduciu a súa presenza en Galicia respecto os anos anteriores da pandemia da Covid-19″, destacan os autores do informe de Ecoloxistas en Acción. Todas as zonas galegas descenden máis dun 60% con respecto o seu límite legal, excepto Ourense e a Zona Norte de Galicia. Esta última é a única que mantén unha superación dos limiares de contaminación por ozono similares aos de entre 2012 e 2019.

Publicidade

A situación de Galicia contrasta, ademais, coa do resto de España. O país rexistra un aumento do 5% con respecto á superación dos obxectivos legais, en comparación co período de 2012 e 2019. En total, superáronse en cinco ocasións os limiares de alerta e 320 veces os de información.

Para elaborar o informe, Ecoloxistas en Acción recompilou os datos de 32 estacións de control da contaminación atmosférica pertencentes ás redes de vixilancia da calidade do aire da Xunta de Galicia. A formación de ozono é máis moderada tamén polas características climáticas de Galicia (inestabilidade frecuente, altas precipitacións…), segundo o documento.

“Un problema de primeira orde”

O ozono é un contaminante que non ten unha fonte humana directa, senón que se forma na superficie terrestre en presenza da radiación solar, pola combinación cos chamados contaminantes precursores, segundo explican os autores. A orixe dos contaminantes precursores son, por exemplo, o transporte, a maquinaria móbil, a gandaría intensiva e o uso de disolventes.

“A contaminación por ozono debe abordarse como un problema sanitario de primeira orde“, destacan desde Ecoloxistas en Acción. Segundo informan, as principais vías para reducila son diminuír a queima de combustibles fósiles, establecer unha produción gandeira máis extensiva e previr os incendios forestais, entre outros.

1 comentario

  1. As estacións meteorolóxicas da Xunta alardean dunha calidade do aire “excelente”, mesmo en rotondas onde pasan miles de vehículos ao día.
    As mentira de Rueda de Vil

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Como detectar contaminantes na auga a través de materiais 3D: así é a solución da UDC

Investigadoras do CITENI desenvolven estruturas poliméricas que reteñen substancias nocivas e avalian a calidade do medio acuático

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias