Un Pórtico da Gloria animado con Intelixencia Artificial

Ferramentas como o asistente conversacional Grok permiten recrear figuras da arte románica e ofrece novas formas de gozar do patrimonio histórico de Galicia

Cada vez estamos máis acostumados a ver contidos nas redes sociais elaborados con intelixencia artificial (IA). Dende ChatGPT e as súas elaboradas respostas ata Midjourney e a súa arte dixital, esta nova forma de creación chega cada vez máis lonxe. Mesmo aplicacións como X, antes Twitter, contan xa co seu propio asistente baseado en IA, como é o caso de Grok, o seu modelo conversacional. Mais, que pasaría se un usuario puidese dar vida ás súas obras de arte favoritas mediante esta tecnoloxía?

Un exemplo recente é o do Pórtico da Gloria, unha das xoias máis destacadas da arte románica de España. O nivel de detalle dos seus tres arcos de entrada é impresionante: un arco central, que representa a Gloria celestial; o arco esquerdo, dedicado ao Antigo Testamento; e o arco dereito, que simboliza o Novo Testamento. Nas súas columnas aparecen figuras tan recoñecibles como San Pedro, San Pablo, os profetas Xeremías, Isaías e Moisés, ou mesmo o apóstolo Santiago.

Publicidade

Foi idea do xornalista e divulgador Manuel Gago, especializado en patrimonio cultural, a de animar as estatuas do Pórtico da Gloria empregando intelixencia artificial. A través do seu perfil de X, mostrou o resultado e destacou a enorme cantidade de tecnoloxía que Grok é capaz de integrar para recoñecer e dar movemento ás figuras a partir dun único prompt.

Aínda que isto supón riscos, como que a IA poida xerar imaxes que non reflictan con precisión os feitos históricos representados ou que introduzan determinados nesgos culturais, tamén pode converteerse nunha ferramenta valiosa para poñer en valor o patrimonio histórico de Galicia, ofrecendo unha perspectiva máis fresca e innovadora grazas ás novas tecnoloxías.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Un grupo de investigación da USC alerta dos perigos da intelixencia artificial en contacto coa infancia

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento