PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación

Imaxinas unha aula de secundaria, con preto dunha trintena de alumnos, pero sen profesor? Imaxinas que quen imparte matemáticas, linguas ou artes non é unha persoa, senón unha máquina? Este escenario é difícil de debuxar, malia que cada vez é máis común debater sobre o impacto da intelixencia artificial na educación. A popularización de ferramentas como Chat GPT ou Midjourney poñen en xaque a veracidade dos traballos académicos, facendo moi complicado que o profesorado saiba distinguir que fixo un alumno e que fixo unha máquina. Pero este non é, nin de lonxe, o único desafío ao que se ten que enfrontar a comunidade educativa a raíz deste brutal cambio tecnolóxico. No sexto episodio de O Descodificador, un pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC, abordaremos a cuestión da man do investigador Francisco Bellas.

“As novas xeracións vanse dar de fronte coa intelixencia artificial no futuro laboral”, di o experto da Universidade da Coruña. Esta frase forma parte da análise pormenorizada que facemos da man de Bellas, que afirma contundentemente que a intelixencia artificial debe formar parte do currículo académico dende as etapas educativas máis temperás. A única forma, di el, de usar este tipo de ferramentas é a través da educación. E, por suposto, o profesorado desenvolve un papel fundamental. Debe ser el o que tamén faga uso da intelixencia artificial para ensinar e para aprender, pero tamén debe estar atento aos desafíos dunha tecnoloxía á que aínda nos estamos adaptando.

Publicidade


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escoita O Descodificador nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva