Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

A misión espacial Europa Clipper viaxará á Lúa de Xúpiter en outubro de 2024. Neste contexto, a NASA lanza unha plataforma na que os usuarios poden rexistrar o seu nome nunha campaña chamada ‘Mensaxe nunha botella‘. Esta nota viaxará nunha astronave percorrendo miles de millóns de kilómetros e incluirá os nomes das persoas e un poema orixinal da poeta estadounidense Ada Limón adicado á misión. Esta viaxe espacial investigará se o océano que se cre que xace baixo a cortiza de Europa —así se chama a Lúa— pode albergar vida.

Esta campaña segue a longa tradición da NASA de enviar mensaxes inspiradoras a bordo das súas misións. Segundo explica Nicola Fox, administradora asociada da Dirección de Misións Científicas da NASA en Washington, “o novo sitio web axudará á NASA a compartir a oportunidade de formar parte da viaxe de Europa Clipper con aínda máis xente de todo o mundo”. Dende a axencia pretenden chegar ao maior número de persoas e que os seus recursos sexan accesibles para calquera que desexe aprender máis e participar nas misións espaciais. Axudan a “descubrir mundos habitables máis aló do noso planeta” xa que “é un importante paso adiante para facer que o espazo sexa realmente para todos”, engaden.

Publicidade

O sitio web tamén permite aos participantes crear e descargar un recordo personalizado. Trátase dunha ilustración de cada nome nunha mensaxe nunha botella cunha imaxe de fondo de Europa e Xúpiter. Ca fin de achegar a NASA a todo o mundo, anímase aos participantes a compartilo en redes co cancelo #Sendyourname (‘envía o teu nome’ en galego).

A nave espacial Europa Clipper viaxará a Europa en outubro de 2024. Foto: NASA.
A nave espacial Europa Clipper viaxará á lúa de Xúpiter en outubro de 2024. Foto: NASA.

A misión está sendo preparada para levarse a cabo en outubro de 2024. A nave está sendo ensamblada no Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL, polas súas siglas en inglés) da NASA. A aeronave, que se lanzará desde Cabo Cañaveral (Florida), percorrerá 2.600 millóns de quilómetros (1.800 millóns de millas) para chegar ao sistema de Xúpiter, que alcanzará en 2030. Mentres orbite Xúpiter e sobrevoe Europa unhas 50 veces, percorrerá outros 800.000 quilómetros mentres os seus instrumentos científicos recompilarán datos sobre o océano subterráneo, a cortiza de xeo e a atmosfera da Lúa.

Publicidade

Para poder aprender máis sobre a misión, Ada Limón visitou en xaneiro a nave espacial. A laureada poeta compuxo unha peza orixinal que podes ler na páxina web da NASA en español. A tradución estivo a cargo do poeta e tradutor portorriqueño Roque Raquel Rivera. Nesta ligazón podes inscribir o teu nome antes do 31 de decembro e ler a peza completa de Limón.

1 comentario

  1. Eu sempre tiven claro que tén que haber vida alén do noso planeta .
    Agora xa iso vén sendo máis aceptado por mor dos múltiples avistamentos que se veñen sucedendo dende hai máis de corenta anos .
    O asunto e que desde aqui sexamos capaces de descubrila .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo