Pódcast | Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Canto sabemos realmente da Vía Láctea? Non é unha pregunta de resposta sinxela. Talvez hai que saír pola tanxente é dicir que cada vez temos máis información sobre a nosa galaxia. Isto é posible grazas á misión Gaia, lanzada pola Axencia Espacial Europea (ESA) en 2013. O obxectivo é crear o mapa 3D máis preciso da Vía Láctea. Nestes máis de 10 anos de funcionamento, Gaia xa foi capaz de observar 2.000 millóns de obxectos que axudan a entender mellor a evolución da galaxia que habitamos. Esta misión europea ten participación galega: un equipo do CITIC emprega intelixencia artificial para axudar a procesar todos os datos que xera Gaia. No primeiro episodio da segunda tempada de O Descodificador, o pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC, falamos con Lara Pallas Quintela e Xabier Pérez Couto, dous dos galegos participantes.


Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

Publicidade

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

1 comentario

  1. Pódcast |”Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea”
    A verdade que pareceme moi interesante o tema de facer un mapa 3D para que a Vía Lactea sea mais clara de observar.Xa que a medida que pasa o tempo podemos coñecer as cousas moito mellor e estudalas xa que o universo e unha cousa moi interesante e misterioso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente