Saúde

Vigo suspende a charla antivacinas organizada pola eurodeputada Lidia Senra

O Concello descarta acoller no Museo Marco a conferencia do colectivo contra a vacina do papiloma humano

Alerta europea por 41.000 novos casos de sarampelo

O descenso das cifras de inmunización debido á actividade dos colectivos contra as vacinas provoca un repunte en todo o continente

A eurodeputada Lidia Senra volve facer campaña contra as vacinas

Organiza unha xornada en Vigo na que participa un colectivo que alerta de supostos efectos secundarios da vacina do virus do papiloma humano

O grupo Oncomet de Santiago lidera dous novos proxectos contra o cancro

Os equipos de María de la Fuente e Rafael López liderarán dúas investigacións para aplicar a nanooncoloxía nos tumores de pulmón e páncreas

Nace o primeiro bebé grazas á doazón de útero dunha muller falecida

Unha muller brasileira de 32 anos que padecía infertilidade puido dar a luz a unha nena de dous quilos e medio co transplante dunha donante

Prohibir editar os embrións humanos pode ser moi mala idea

A comunidade científica está dividida e moitas voces alertan dos perigos dunha prohibición en lugar dunha regulación ética

O grupo Farmatox da USC publica a súa investigación molecular en Nature Chemistry

Laboratorios internacionais xa se interesaron polos estes avances con propiedades farmacolóxicas no alhéimer e no sistema inmune

Un novo estudo confirma que consumir café alonga a vida

Investigadores do instituto CIBEROBN conclúen menor mortalidade consumindo varias tazas de café ao día

China anuncia que creou bebés modificados xenéticamente

A comunidade científica reacciona con preocupación, xa que o uso desta técnica en humanos xera moitas dúbidas médicas e éticas

Unha clínica de homeopatía imparte un máster de Acupuntura en Medicina da USC

O título ofreceu durante máis de 20 anos prácticas da terapia tradicional chinesa en hospitais da rede pública

Por que as feridas cicatrizan máis rápido de día que de noite?

Investigadores británicos describen como inflúe o ritmo circadiano no tempo de curación das lesións cutáneas

Por que o Nolotil matou a 10 turistas británicos?

A Axencia Española do Medicamento recomenda non receitar o medicamento á poboación flotante do norte de Europa en España

A ciencia abre a porta ao tratamento da endometriose

Unha investigación propón o uso dun tipo de células nai para frear o crecemento do tecido endometrial fóra do útero

As llamas, aliadas na vacina contra a gripe

Publican en "Science" unha investigación que usou anticorpos destes animais para acadar unha nova estratexia contra o virus

Tres parapléxicos volven andar grazas a un pequeno implante electrónico

Dous investigadores suízos acadan este logro que hoxe publican as revistas Nature e Nature Neuroscience

Un veciño de Cangas, investigado por vender lixivia para tratar o cancro

Comercializaba a través de internet o coñecido como MMS, un composto tóxico "milagroso" con falsas propiedades curativas