O grupo Oncomet de Santiago lidera dous novos proxectos contra o cancro

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela ( IDIS) coordinará dous novos proxectos europeos no desenvolvemento de terapias innovadoras baseadas en nanotecnoloxía para o tratamento do cancro de pulmón e cancro de páncreas, desde o laboratorio situado no Hospital Clínico de Santiago.

Os proxectos METASTARG, coordinada pola científica María de la Fuente, e PANIPAC, liderado polo director de Oncomet, Rafael López enmárcanse dentro da convocatoria ERA-NET Euronanomed III, dirixida a promover a aplicación da nanotecnoloxía en medicina e saúde. Neles participan outros investigadores CIBER, formando parte dun único equipo de investigación, así como grupos internacionais e compañías para o desenvolvemento da tecnoloxía.

Publicidade

Son  dous dos doce proxectos europeos (sete coordinados por entidades españolas) aprobados na última convocatoria da plataforma europea. O financiamento total para cada unha das dúas investigacións do grupo supera o millón de euros.

METASTARG

Publicidade

O principal obxectivo do consorcio METASTARG é desenvolver novas ferramentas que permitan a detección temperá de células que se espallaron a outros órganos, para liberar terapias específicas, de forma que sexa posible interromper a progresión de metástase. Para iso farase uso de nanopartículas que foron desenvoltas e patentadas pola Unidade de Nanooncoloxía de Oncomet, que dirixe María de la Fuente.

“Este proxecto busca mellorar significativamente o diagnóstico e tratamento do cancro de pulmón para evitar que se produza un crecemento descontrolado de metástase. A pesar dos grandes avances en nanomedicina nos últimos anos trátase dunha proposta pioneira que aborda un proceso complexo, e en caso de éxito o impacto será enorme”, sinala De la Fuente.

PANIPAC

Pola súa banda, o consorcio PANIPAC busca modificar o microambiente tumoral en cancro de páncreas, para poder tratar aos pacientes con novos medicamentos de inmunoterapia que, aínda que están a dar lugar a resultados altamente prometedores noutro tipo de tumores, seguen sen ser efectivos en cancro de páncreas, un dos máis letais na actualidade. Con esta finalidade, desenvolveranse nanopartículas fotoactivables e compostas a base de lípidos bioactivos, partindo tamén de tecnoloxía desenvolta na propia Unidade de Nano-Oncoloxía. Segundo Rafael López, coordinador do proxecto e director de Oncomet, “a inmunoterapia revolucionou o campo da oncoloxía e con este proxecto pretendemos que os pacientes con cancro de páncreas poidan beneficiarse dela. Presentamos unha estratexia altamente innovadora que podería ademais ser de aplicación para outro tipo de tumores”.

A terceira edición da plataforma europea EuroNanoMed de investigación en nanomedicina, que comezou en 2016 e terminará en 2021, está dirixida a promover a aplicación da nanotecnoloxía en medicina e saúde en diversos proxectos. Formada por 25 institucións de 25 países e coordinada polo Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) EuroNanoMed é unha plataforma para organismos de financiamento e ministerios establecidos desde 2008.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

A Academia de Ciencias de EE UU retira o estudo sobre a curación do cancro de páncreas en ratos de Barbacid

A revista PNAS retracta o artigo ao detectar relacións non declaradas dos autores coa empresa Vega Oncotargets