A ciencia abre a porta ao tratamento da endometriose

Estímase que 200 millóns de mulleres (60.000 delas en Galicia) padecen endometriose, unha enfermidade tan dolorosa que chega a ser incapacitante, e que se debe ao crecemento do tecido endometrial (o que recobre as paredes do útero), noutras zonas da cavidade abdominal e pélvica. A pesar da súa gran incidencia, a investigación científica aínda non conseguiu un tratamento efectivo contra a doenza, alén da medicación, moitas veces demasiado agresiva, para calmar a dor.

A investigación propón substituír as células danadas do tecido endometrial por outras sas

Porén, unha investigación publicada na revista Stem Cell Reports pode abrir unha porta ao tratamento da endometriose mediante o uso de células nai pluripotenciais inducidas (iPS), un tipo de células que se poden ‘reprogramar’ para convertelas en parte de diversos tecidos. Neste caso, o tecido endometrial.

Publicidade

“Isto é importante: abrimos a porta a tratar a endometriose”, expuxo Serdar Bulun, investigador da Northwestern University e primeiro autor do artigo, que leva 25 anos estudando esta doenza. O que conseguiu este equipo foi crear, a partir das células iPS, células sás do tecido endometrial que substitúen ás defectuosas, que son as que migran fóra desta zona e medran noutros lugares, causando as intensas dores que produce a endometriose.

“Oxalá un día poidamos conseguir reparar todo o útero usando este tipo de tratamento”, dixo Bulun. Por agora, queda aínda moito camiño por percorrer para que isto poida aplicarse aos millóns de afectadas por endometriose no mundo. Non en tanto, o avance acadado é importante.

Publicidade

A enfermidade non só causa dor, senón que tamén está relacionada cos problemas de infertilidade e o cancro de útero. Nalgúns casos xa se intentou o transplante de útero para acabar coas dores, pero o rexeitamento é moi habitual. Outra das opcións é a cirurxía para retirar as partes do tecido danado, pero abonda con que quede unha mínima lesión no interior para que a enfermidade reapareza: “Entre un 25% e un 50% das persoas que son operadas teñen recidivas nun prazo de catro anos”, explica o xinecólogo Francisco Estévez, do hospital Povisa, que ten tratado a numerosas afectadas.

Podes ler o estudo aquí (PDF).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información

Galicia abre a porta a fármacos máis seguros que se activan con luz grazas a unha tecnoloxía pioneira

A investigación do CiQUS, destacada nun editorial pola revista ‘Nature Synthesis’, presenta unha estratexia que reduce os efectos secundarios mediante activación localizada