Alerta europea por 41.000 novos casos de sarampelo

Mentres nos países menos favorecidos o sarampelo seguía causando grandes estragos, a Unión Europea estaba a piques de conseguir que esta doenza contaxiosa fose cousa do pasado. Unha enfermidade que antes da existencia de vacinas causaba máis de dous millóns e medio de mortes cada ano. Porén, o sarampelo está volvendo a infectar a nenos e maiores en Europa. Só nos primeiros meses de 2018, 41.000 persoas se contaxiaron no territorio comunitario.

E en sete países do centro e leste de Europa (Francia, Georgia, Grecia, Italia, Rusia, Serbia e Ucrania) houbo máis de 1.000 contaxios. Ucrania, con 23.000 novos casos, foi a máis afectada. E só en Serbia morreron 14 persoas.

Publicidade

Evolución dos casos de sarampelo en Europa nos últimos anos.

Nos últimos días, un novo informe da OMS destacaba que, a nivel mundial, os casos de sarampelo repuntaron un 30%. Unha das principais causas é a perda da inmunidade de grupo: é preciso que un 95% da poboación estea vacinada, xa que hai persoas que, por motivos de saúde, non poden inmunizarse, e fican a expensas de que a doenza non se transmita por parte do resto da cidadanía.

“Se non facemos esforzos urxentes para aumentar a cobertura da vacinación e identificamos as poboacións que teñen niveis baixos de inmunización, sobre todo en nenos e nenas, estamos poñendo en risco décadas de progreso para protexer á infancia contra esta enfermidade, que é devastadora, pero evitable”, sinalou Soumya Swaminathan, director adxunto de Programas da OMS.

Publicidade

Sarampelo en Portugal

O problema tamén tocou de preto a Galicia. O ano pasado, unha moza de 17 anos non vacinada faleceu de sarampelo en Lisboa. E en marzo deste mesmo ano, un novo brote puxo en alerta ao norte de Portugal, con máis de 50 casos. Unha situación que chegaba despois de que en setembro de 2016, a OMS e as autoridades sanitarias de Portugal declararan que o país quedaba libre do sarampelo e a rubéola.

En novembro de 2017, unha enquisa realizada polo Instituto Nacional de Saúde revelou que se perdera a inmunidade de grupo (unha cobertura maior do 95%), clave para evitar o contaxio entre as persoas que, por motivos de saúde, non poden vacinarse.

Aquí podes ler o último informe da OMS sobre o sarampelo (PDF, en inglés e francés).

Que é o sarampelo?

sarampelo é unha doenza vírica que se transmite por contacto directo ou vía aérea. Comeza infectando o tracto respiratorio e esténdese despois ao resto do organismo. O primeiro síntoma adoita ser a febre alta, que comeza uns 10-12 días despois do contacto co virus, e dura entre 4 e 7 días. Posteriormente, aparecen erupcións cutáneas, xeramente na cara e no pescozo, que se estende a outras partes do corpo. A administración da vacina permite evitar a aparición de complicacións, como a neumonía, os edemas cerebrais ou a deshidratación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Da gastroenterite á varicela: guía das enfermidades que axexan as aulas

A volta ao cole abre a porta a contaxios frecuentes por mor de patóxenos contra os que se dispón de poderosas defensas

A Consellería de Sanidade activa o protocolo de actuación tras detectar un caso de sarampelo

A investigacion apunta a un paciente importado, sen contactos detectados ata o momento e cun risco moi baixo para a poboación xeral

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas