Un veciño de Cangas, investigado por vender lixivia para tratar o cancro

A Garda Civil anunciou que investiga a un veciño de Cangas por comercializar a través de internet un composto tóxico semellante á lixivia, coñecido co acrónimo de MMS (Solución Mineral Milagrosa), que se ofrece como remedio a todo tipo de enfermidades, como o cancro, a sida, a tuberculose, a malaria ou a gripe. Ao ser o MMS un produto prohibido desde 2010 pola Agencia Española de Medicamentos, as autoridades acusan a este home dun presunto delito contra a saúde pública polo potencial risco contra a saúde.

Captura dunha das webs nas que o investigado comercializaba o MMS.
Captura dunha das webs nas que o investigado comercializaba o MMS.

Porén, na mesma páxina estaban tamén á venda os dous compostos químicos do MMS: clorito de sodio e ácido clorhídrico, ademais do produto xa mesturado, un tipo de lixivia que comercializaba co nome de Depur.

Publicidade

“Curacións extraordinarias”

O entramado completábase con outra web, vinculada á anterior, e tamén relacionada co mesmo individuo, na que se achega información sobre os supostos beneficios do MMS, con afirmacións temerarias e ligazóns a vídeos con testemuños de curación sen ningún tipo de evidencia científica.

Na súa web, o agora investigado recollía afirmacións de todo tipo: “Hoxe en día son miles de persoas en todo o mundo que xa coñecen e usan o MMS para mellorar a súa saúde, conseguindo en moitos casos curacións extraordinarias, incluso en casos considerados incurables”.

Publicidade

Sobre a suposta toxicididade do produto, a web esténdese en argumentacións sen o mínimo sustento científico, como as que se poden ler baixo estas liñas:

mms 2

Unha vez recollida a información, os investigadores da Garda Civil inspeccionaron a sede social da empresa en Cangas, onde atoparon preto de 100 litros dos diversos compostos químicos que conforman o MMS e numerosos envases do produto xa mesturado, que se vendía co nome de Depur.

A operación rematou coa investigación penal do administrador único da empresa, como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

O caso coñécese nos mesmos días nos que se soubo que a Consellería de Salut da Generalitat de Catalunya vai multar ao empresario Josep Pàmies con 120.000 euros por promocionar o MMS nas súas charlas e nas redes sociais. Nos meses pasados, Pàmies acudiu a Galicia a vender os produto que a súa propia empresa comercializa. As protestas cidadás fixeron que tanto a UDC como o colexio Hogar de Vigo denegaran a cesión dos seus espazos para celebrar estes eventos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade