.
.

Vigo suspende a charla antivacinas organizada pola eurodeputada Lidia Senra

O Concello de Vigo non acollerá no Museo Marco a charla contra a vacina do papiloma humano organizada pola eurodeputada Lidia Senra. Un portavoz municipal confirmou que suspenden a conferencia de Alicia Capilla, presidenta da Asociación de Afectadas pola Vacina do Papiloma (AAVP), que estaba prevista para o vindeiro día 15 no MARCO de Vigo, dentro da xornada “Mulleres e saúde”, na que aparece, como unha das poñentes.

O auditorio do Museo MARCO fora reservado polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, que contratou este espazo por iniciativa da eurodeputada Lidia Senra, quen volve facer campaña contra a vacinación, sementando así dúbidas sen base científica, un ano despois de coñecerse que presentara unha pregunta no Parlamento Europeo na quecuestionaba a seguridade das vacinas.

Segundo informa a propia web de Lidia Senra, a charla agora suspendida serviría “para explicar as consecuencias que ten tido esta vacina e o traballo que está a desenvolver este colectivo”. A entidade esixe, tal e como se pode ler na súa páxina, “a retirada da vacina VPH, xa que non existe xustificación algunha para que mozas sas sufran riscos innecesarios, cando se dispón de medidas preventivas, eficaces e seguras, como a citoloxía, o preservativo e a educación sexual”.

virus do papiloma humano transmítese por vía sexual e pode chegar a causar cancro de colo de útero, o cuarto máis frecuente no mundo entre os que afectan a mulleres. Segundo a OMS, en 2012 produciu 266.000 mortes e 528.000 novos casos. A maioría destas mortes prodúcense en zonas subdesenvolvidas, onde o de colo de útero chega a supoñer o 12% de todos os cancros femininos. O virus pode causar tamén outros tipos de cancro de ano e xenitais, tanto en homes como en mulleres. Na actualidade comercialízanse dúas vacinas: bivalente e tetravalente. Os datos recollidos por todo o mundo e as revisións científicas e clínicas realizadas amosan que as dúas son seguras. E, sobre todo, efectivas.

Aquí podes ler a nova sobre o acto antivacinas organizado pola europarlamentaria galega Lidia Senra.

A eurodeputada Lidia Senra volve facer campaña contra as vacinas

3 COMENTÁRIOS

  1. La etiqueta anti-vacuna no corresponde con nadie en realidad. Es una manera de asociar a las personas que prefieren informarse más, y conocer algo de la complejidad y del tremendo efecto de las vacunas, en vez de personas curiosas e investigadoras, como contrarias a toda vacuna.
    No está nada mal que se habra una opción para conversar estos temas.
    Es más propio de una tolerancia que de un rechazo, tal como se presta quien usa esa etiqueta.
    Realmente La Liga por la Libertad de Vacunación cumple un papel necesario e independiente respecto a los medios de comunicación. http://www.vacunacionlibre.org/nova/
    Sabemos que toda la historia, toda la ciencia, toda la interpretación de lo que sucede ha de ser reconocida de acuerdo con toda aquella parte de la historia, de la ciencia, de las versiones contadas, que no se contaron.

  2. Acaban de llegarme noticias sobre este asunto y parece ser que la propia diputada está informando en las redes sociales que no hay por ahora ninguna cancelación de este acto.
    Esperemos que triunfe el sentido común y la libertad, y se organice un debate profundo sobre este tema tan importante y grave.

  3. Lamentable que a estas alturas en un ayuntamiento que se dice de izquierdas se actúe con el más rancio recurso de la censura. O es que la libertad de expresión solo sirve para lo que nos conviene? Y qué pasa con el debate científico?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.