Nace o primeiro bebé grazas á doazón de útero dunha muller falecida

A revista The Lancet acaba de publicar un estudo no que se anuncia o nacemento do primeiro bebé a partir do transplante de útero dunha muller falecida. A criatura, que naceu en Brasil en decembro de 2017, foi xestada por unha muller con infertilidade uterina, un problema que afecta a unha de cada 500 mulleres debido a anomalías conxénitas ou por malformacións, histerectomías (extirpación do útero) ou infeccións. Ata agora, as únicas opcións que tiñan estas mulleres eran a adopción ou a xestación subrogada.

Ata agora só era posible o transplante de útero de familiares vivas

O caso de Brasil é o primeiro éxito despois de dez transplantes fallidos, nos Estados Unidos, República Checa e Turquía. A cirurxía realizouse en setembro de 2016, e a receptora foi unha muller de 32 anos que naceu sen útero debido ao síndrome de Mayer-Rokitansky-Küster-Hauser, que afecta a unha de cada 4.500 mulleres. Catro meses antes do transplante pasou por un ciclo de fecundación in vitro do que saíron oito óvulos que foron conxelados.

Publicidade

“A cantidade de xente que está disposta a doar os seus órganos despois de morrer é moito maior ca a de donantes de útero vivas, polo que o potencial e as oportunidades para as mulleres con infertilidade será moito maior”, sinalou un dos autores do estudo, Dani Ejzenberg, da Faculdade de Medicina da Universidade de São Paulo. Ademais, a doazón por parte de mulleres vivas é moi controvertida debido a que podería abrir a porta ao comercio con este tipo de servizos, como xa acontece coa xestación subrogada.

Sen rexeitamento do útero

Ao atopar a donante, realizouse a cirurxía, que durou 10 horas e media. Uníronse todas as veas, arterias, ligamentos e canles vaxinais do útero doado coa receptora. Despois disto realizouse un tratamento inmunosupresor, para evitar posibles rexeitamentos.

Publicidade

Pasado un tempo, aos cinco meses, vendo que no útero non había sinais de rexeitamento, seguiuse adiante co proceso. A muller comezou a menstruar e entón, aos sete meses, implantáronse os óvulos que foran conxelados. Dez días despois, confirmouse o embarazo da muller.

Finalmente, ás 35 semanas, naceu unha nena por cesárea, cun perso de 2 quilos e 550 gramos. O útero foi extirpado durante a cesárea e non amosou anomalías. Así, a terapia inmunosupresora suspendeuse ao extraelo. Cando se escribiu o artigo, o bebé tiña sete meses e 20 días, pesaba máis de sete quilos e estaba en bo estado de saúde.

Ata agora, segundo recolle a Axencia Sinc, a doazón de útero só era posible para mulleres con familiares vivas dispostas a doar. Neste senso, o primeiro parto a partir dun transplante de útero dunha donante viva tivo lugar en Suecia en 2013. Desde entón, houbo 39 accións deste tipo, e en 11 deles conseguiuse que os bebés naceran vivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A contaminación atmosférica podería estar detrás do aumento das crises de xaqueca

Un estudo internacional sinala que o número de visitas ao hospital de persoas con síntomas aumenta durante os días nos que hai maiores niveis de polución
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

Do Courel ao Xistral: os puntos clave en Galicia para conservar os matacabalos e outros artrópodos acuáticos

Un estudo recente coa participación da USC sinala zonas prioritarias e advirte da falta de medidas para garantir a súa preservación

O grupo de Santiago que investiga os segredos do párkinson: “A cura definitiva é moi complicada”

O equipo do CiMUS liderado por José Luis Labandeira analiza a morte neuronal e desenvolve estratexias de neuroprotección para frear a enfermidade