Saúde

A gripe chega ao máximo en Galicia e suma 11 mortes

A onda epidémica mantense en intensidade media aínda que se dispararon os ingresos hospitalarios nas últimas datas

Un 45% do gasto en cancro recae no paciente e a súa familia

Un informe da Asociación Española Contra o Cancro estima que o conxunto destas doenzas supón un custo de 19.300 millóns cada ano

Este portal amosa a evolución do coronavirus en tempo real

A Universidade Johns Hopkins crea esta aplicación que cruza datos dos principais organismos que controlan a evolución da doenza

Así danan o fígado os esteroides para gañar masa muscular

Científicos de Valencia describen por primeira vez o mecanismo polo cal os anabolizantes causan colestase, unha doenza que altera os niveis de bile

Dez preguntas e respostas para informarse mellor sobre o coronavirus

A Axencia SINC consulta a varios expertos sobre as dúbidas máis frecuentes, para evitar a desinformación e alarma arredor da doenza

A OMS declara a ‘emerxencia sanitaria internacional’ polo coronavirus

A Organización Mundial da Saúde fixo unha reunión de urxencia pero considera que non deben pecharse fronteiras nin reducir o comercio

Investigan en Galicia a compra de fármacos para a eutanasia

A Policía Nacional contactou con cinco persoas por comprar a través de internet pentobarbital, un barbitúrico usado nos países onde a práctica é legal

Sanidade avanza cara o futuro da investigación clínica co proxecto INNOVATRIAL

Empresas españolas e europeas asisten á xornada de presentación do proxecto en Madrid

Dan negativo tres casos sospeitosos de coronavirus en España

O Ministerio de Sanidade descartou o contaxio en tres persoas que chegaron ao país procedentes de Wuhan, a cidade onde se produciu o abrocho

O equipo de Carracedo, no achado de 102 xenes de risco do autismo

Un estudo internacional no que se analizaron mostras de familias galegas convértese no maior estudo de secuenciación do xenoma deste trastorno

Clima, suicidios e saúde mental: a correlación imposible de demostrar

A ciencia segue sen atopar a causalidade na crenza popular de que a meteoroloxía pode inducir trastornos e aumentar o crime

Científicos da USC cuantifican o aumento da mortalidade nas vagas de calor

Margarita Taracido e Dominic Royé desenvolven un índice biometeorolóxico para coñecer a magnitude destes fenómenos en España

Realidade Virtual contra o ictus e como axuda para a radioterapia

Acis aposta polas novas tecnoloxías para a formación de profesionais sanitarios e pacientes

Unha ferramenta informática galega para a diagnose de electrocardiogramas

O enxeñeiro e profesor da UVigo Víctor Mondelo deseña unha plataforma que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións

Científicas galegas descobren o potencial anti-obesidade dun fármaco para o intestino

Unha investigación demostra as propiedades terapéuticas do linaclotide, que adoita usarse para a síndrome do intestino irritable

As claves do novo virus nado en China que preocupa á OMS

A Organización Muncial da Saúde convoca unha reunión de urxencia despois de catro mortes, 198 infectados e casos en China, Xapón, Corea e Tailandia