Xoves 18 Abril 2024

Dan negativo tres casos sospeitosos de coronavirus en España

O Ministerio de Sanidade descartou o contaxio en tres persoas que chegaron ao país procedentes de Wuhan, a cidade onde se produciu o abrocho

O Ministerio de Sanidade español descartou no mediodía deste venres que tres persoas que foron estudadas tras chegar ao país procedentes da cidade chinesa de Wuhan padezan o coronavirus que se está a espallar pola provincia de Hubei.

Segundo informou a administración nunha nota de prensa, realizouse unha actuación sanitaria despois de que o servizo de Sanidade Exterior, dependente do ministerio, fose avisado da sospeita dun posible caso nunha muller que chegou a Barcelona desde China con escala en Ámsterdam. Ademais, valoráronse outras dúas persoas procedentes de Wuhan que chegaron a España. Nun dos casos activouse a alerta, aínda que as análises descartaron a doenza, e no outro caso nin sequera se chegou a activar o protocolo.

Publicidade

O Goberno español non se expón polo momento tomar ningunha medida excepcional nos aeroportos, xa que non hai voos directos desde Wuhan, que tampouco é un destino turístico habitual desde España, e é unha medida “que non ten demostrado eficacia”, segundo Simón. Só os países que teñen conexión directa están a tomar algún tipo de protocolo deste tipo.

Con todo, as autoridades sanitarias non descartan que apareza algún caso importado en España, pero a probabilidade segue sendo baixa, xa que os datos dos que se dispón ata o de agora apuntan a que a transmisión do coronavirus persoa a persoa non é elevada.

O coronavirus de Wuhan

Os coronavirus son unha ampla familia de virus que adoitan afectar só a animais, aínda que ás veces poden transmitirse a seres humanos. Os seus síntomas van desde os arrefriados leves ata doenzas máis graves, como é o caso da síndrome respiratoria aguda grave (SRAS-CoV), ou o coronavirus causante da síndrome respiratoria de Oriente Medio (MERS-CoV).

A doenza detectouse na cidade chinesa de Wuhan, na provincia de Hubei, en decembro do pasado ano. As últimas estimacións falan de preto de 30 mortos e 900 afectados. A situación levou ao goberno e ás autoridades sanitarias da China a decretar unha corentena que afecta a 40 millóns de persoas en Wuhan e os seus arredores, coincidindo coa celebración do Aninovo chinés, un momento que supón un dos maiores movementos de persoas que teñen lugar actualmente no planeta.

En España elaborouse un protocolo de actuación ante a aparición de posibles casos, que inclúe medidas para a detección temperá, a vixilancia epidemiolóxica, a prevención da transmisión persoa a persoa e o seguimento de contactos dos posibles contaxiados.

Aquí tes máis detalles:

As claves do novo virus nado en China que preocupa á OMS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Marcos Martinón, un galego entre guerreiros de terracota: “É incrible, pero non hai dous soldados iguais”

O arqueólogo ourensán investiga dende hai case 20 anos o espectacular mausoleo do primeiro emperador chinés, un xacemento con 2.000 anos de antigüidade

Así é ‘Mycoplasma’, a principal sospeitosa da pneumonía infantil en China

O microbiólogo Raúl Rivas fai un retrato robot da bacteria que probablemente contribuíu a disparar a incidencia de enfermidades respiratorias no xigante asiático

A misteriosa pneumonía infantil de China: “Sospeitamos dos patóxenos habituais”

O pediatra Federico Martinón cre que a repunta de enfermidades respiratorias en nenos se pode deber á fin das restricións covid

Unha misteriosa neumonía infantil enche os hospitais en China: isto é o que sabemos

A OMS solicita oficialmente ao xigante asiático información detallada sobre o aumento de enfermidades respitatorias nos nenos