As claves do novo virus nado en China que preocupa á OMS

A Organización Muncial da Saúde convoca unha reunión de urxencia despois de catro mortes, 198 infectados e casos en China, Xapón, Corea e Tailandia

Un novo coronavirus, unha misteriosa enfermidade similar ao SARS, estendeuse por China e outros tres países asiáticos tras emerxer por primeira vez na cidade central chinesa de Wuhan.

Alarma levantada
As autoridades chinesas alertaron á Organización Mundial da Saúde (OMS) o 31 de decembro de 2019 dunha serie de casos similares á pneumonía en Wuhan, unha cidade de 11 millóns de persoas. Os pacientes foron postos en corentena e os epidemiólogos comezaron a identificar a orixe da pneumonía. Un mercado de mariscos é o principal sospeitoso de estar no centro do brote, provocado polo paso dun virus doutros animais a humanos. O mercado está pechado dende o 1 de xaneiro de 2020 e a zona foi posta tamén en corentena.

Publicidade

Novo coronavirus
O 9 de xaneiro , a OMS di que o brote en Wuhan foi causado por un tipo de coronavirus previamente descoñecido , que pertence a unha ampla familia que vai desde o arrefriado común ata enfermidades máis graves como o SARS. Ata a data, 59 persoas foron infectadas, das cales sete están en estado grave, segundo unha peritaxe oficial.

Primeira morte
As autoridades sanitarias chinesas din que unha primeira persoa morreu do virus o 11 de xaneiro. Dende esa data, hai outras tres mortes confirmadas, 197 casos de enfermos e a doenza xa foi detectada tamén en Corea do Sur, Tailandia e Xapón, mentres que hai un caso en estudo en Australia.

Publicidade

Esténdese máis aló de China
O 13 de xaneiro, o virus propágase máis aló das fronteiras de China por primeira vez cun caso en Tailandia, segundo a OMS. A vítima era unha muller chinesa diagnosticada con pneumonía leve que regresara dunha viaxe a Wuhan. Polo do agora, todos os novos casos parecen relacionados co brote do mercado de mariscos de Wuhan.

Controis de Estados Unidos
O 17 de xaneiro, unha segunda persoa, un home de 69 anos, morre en Wuhan, segundo as autoridades. O mesmo día, o CDC anuncia que comezará a revisar aos pasaxeiros que cheguen desde Wuhan a tres aeroportos: San Francisco, JFK de Nova York e Los Ángeles.

Transmisión de humano a humano
O 20 de xaneiro, anunciose a terceira morte e máis de 100 novos casos en China, o que suscitou preocupacións antes as vacacións anuais do Aninovo chinés, que comeza o 25 de xaneiro e provoca millóns de desprazamentos de chineses para viaxar por todo o país. Isto aumentaría o risco de espallar o virus. O virus está agora xa presente en Beijing no norte, Xangai no leste e Shenzhen no sur. Rexistráronse máis de 200 casos. O virus tamén se detecta en Corea do Sur nunha persoa chinesa que chegou en avión desde Wuhan. O presidente de China, Xi Jinping, dixo que o virus debe ser “contido de maneira resolta” nos seus primeiros comentarios públicos sobre o brote. A transmisión de persoa a persoa é “afirmativa”, dixo un destacado experto chinés en enfermidades infecciosas, Zhong Nanshan, á cadea estatal CCTV.

Reunión da OMS
A Organización Mundial da Saúde convocou unha reunión de urxencia este mércores para estudar o alcance deste novo coronavirus. Este pequeno cumio quere reunir todos os datos sobre o virus dos que se dispón na actualidade e facer recomendacións para atallar o brote.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

A OMS eleva a cinco os casos confirmados de hantavirus

A organización asegura que os demais pasaxeiros do 'MV Hondius', que navega en dirección ás Canarias, non presentan síntomas e que o risco para a poboación xeral é "baixo"

Que é o virus Nipah e por que non vai ser a próxima gran pandemia

Trátase dunha zoonose identificada por primeira vez en Malaisia en 1999, orixinada por morcegos e da que só se rexistran casos no sueste asiático

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados