A Organización Mundial da Saúde (OMS) notificou la primeira morte rexistrada a escala mundial por gripe aviaria asociada á exposición a gando bovino leiteiro infectado. Os tres afectados eran traballadores adultos de explotacións gandeiras do condado de Yakima, no estado de Washington (Estados Unidos), onde recentemente se detectara a presenza do virus en bovinos. Polo momento, descoñécese se traballaban na mesma explotación.O paciente falecido, que presentaba patoloxías previas, desenvolveu síntomas respiratorios en outubro e morreu o 1 de novembro despois de ser hospitalizado. Os outros dous afectados presentaron cadros leves que non requiriron ingreso hospitalario.
As análises xenéticas identificaron o virus A(H5N1), pertencente ao clado 2.3.4.4b e ao xenotipo B3.13. A súa similitude cos virus detectados no gando da rexión apoia a hipótese de transmisión de animais a humanos na contorna laboral. Desde 2024 e ata o 20 de novembro de 2026, Estados Unidos notificou 75 infeccións humanas polo virus da gripe aviaria A(H5).
O risco para a poboación xeral segue a ser baixo
A OMS mantén a súa avaliación do risco como baixo para a poboación xeral e de baixo a moderado para as persoas expostas ao virus pola súa actividade profesional. As autoridades sanitarias continúan investigando os casos e realizando un seguimento dos contactos estreitos e das persoas expostas.
O organismo recomenda utilizar equipos de protección individual cando exista risco de exposición a animais infectados, así como evitar o consumo de leite cru e produtos lácteos non pasteurizados. A OMS non recomenda establecer restricións comerciais nin de viaxe como consecuencia destes casos.
Referencia: Influenza A(H5N1) – United States of America (Publicado en Disease Outbreak News)













