Galicia é a comunidade con maior taxa de mortes por enfermidades respiratorias

Un estudo do INE informa de que 163,1 habitantes galegos de cada 100.000 faleceron por este tipo de patoloxías, un 13% máis que en 2024

Galicia presenta a maior taxa de mortes por enfermidades do sistema respiratorio, segundo os datos provisionais de 2025 da Estatística de Defuncións segundo a Causa de Morte do Instituto Nacional de Estatística (INE). Así mesmo, informa de que o número de falecementos a causa destas patoloxías aumentou nun 13% en Galicia respecto do ano 2024, e nun 9% na totalidade do Estado. Con todo, a comunidade tamén é a segunda por enfermidades relativas ao sistema circulatorio e a terceira en canto a tumores.

Concretamente, en territorio galego producíronse 32.725 defuncións. Delas, 305,2 habitantes de cada 100.000 faleceron a causa dun tumor —un 0,4% máis que o ano anterior—; 330,7 habitantes por enfermidades circulatorias —un 0,2% menos—; e 163,1 por cada 100.000 mortes con motivo das enfermidades respiratorias.

Publicidade

Tumores e enfermidades circulatorias, a principal causa de morte

Os tumores foron a primeira causa de morte en 2025, cun 26,3% do total de defuncións en todo o Estado, seguidos moi de preto polas enfermidades do sistema circulatorio (25,7%). Así, máis da metade das mortes ocorridas en España debéronse a algunha destas patoloxías.

Concretamente, as enfermidades isquémicas do corazón foron a causa de falecemento máis frecuente e, por detrás, as enfermidades cerebrovasculares. Mentres, entre os tumores, a causa máis frecuente foi cancro de bronquios e pulmón —23.479 defuncións, un 0,9% máis que en 2024— e cancro de colon —10.610 falecidos, un 1,5% máis—. O que máis aumentou foi o cancro de mama (2,7%).

Publicidade

Por outra banda, entre as causas externas de morte —19.042 falecementos—, as caídas accidentais foron a primeira causa por terceiro ano consecutivo, con 4,814 falecidos —un 8,2% máis—. A segunda foi o afogamento, sumersión e sofocación e, a terceira, os suicidios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla