A gripe chega ao máximo en Galicia e suma 11 mortes

A onda epidémica mantense en intensidade media aínda que se dispararon os ingresos hospitalarios nas últimas datas

A onda epidémica da gripe alcanza en Galicia o seu máximo e suma un total de 724 ingresos hospitalarios, con 21 mortes, 11 delas provocadas directamente polo brote desta tempada.

O último informe de Vixilancia da Gripe en Galicia publicado polo Sergas, con datos da cuarta semana, ata o 26 de xaneiro, amosa que a epidemia do ciclo 2019/2020 chegou ao seu máximo, co que é previsible que a evolución da doenza comece a baixar nas videiras semanas.

Publicidade

Ademais, os pacientes que requiriron hospitalización pola enfermidade disparáronse un 60% e ascenden xa a 724 desde o inicio da tempada. Só no últimos sete días, sumáronse outros 270, a case un ritmo de 40 por xornada. Case 400 xa serían dados de alta, informa Sanidade.

Galicia mantense en intensidade media (amarelo) mentres Navarra e A Rioxa están en alta.

O Sergas prevía hai unha semana alcanzar o pico da doenza nunha quincena de días. Por agora a tendencia do virus en Galicia segue sendo crecente e a difusión, xeral, nas catro provincias. A maioría dos virus que foron analizados deron resultados positivos para a gripe A, a da pandemia de 2009.

Publicidade

En canto á vacinación, mantense a tendencia de que teñan indicada a vacina, por idade ou por presentar factores de risco para unha gripe complicada, 580 dos ingresados, é dicir, oito de cada dez, e deles un total de 322 non estaban vacinados, o 55 por cento, informa a Xunta. No caso dos falecidos, dos 21 casos con gripe confirmada, 20 tiñan indicada a vacina e 13 non estaban vacinados.

En calquera caso, a actual tempada de gripe mantense nunha intensidade media, mentres que dúas áreas -Navarra e a Rioxa- chegaron a intensidade alta, segundo informa o Sistema de Vixilancia da Gripe en España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro