Venres 19 Abril 2024

Realidade Virtual contra o ictus e como axuda para a radioterapia

Acis aposta polas novas tecnoloxías para a formación de profesionais sanitarios e pacientes

Novas tecnoloxías como a realidade virtual poden converterse en pouco tempo nun instrumento moi potente para axudar aos profesionais da saúde no seu traballo e tamén ao paciente para identificar as súas doenzas e perder o medo a determinados tratamentos. A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) está a impulsar dous proxectos que utilizan a realidade virtual para que profesionais e doentes podan identificar axeitadamente o ictus e para que os pacientes coñezan a experiencia dunha sesión de radioterapia antes de recibila, respectivamente.

Ámbolos dous proxectos están a ser desenvolvidos pola empresas PsichoVR e Netex, que deberán entregalos o próximo mes de ano e que poderán xa ser utilizados por profesionais e pacientes no segundo semestre deste ano. Na xornada de presentación do Plan de Formación 2020, realizada onte en Santiago na Consellería de Sanidade, xa houbo ocasión de probar estas ferramentas de realidade virtual por parte dos asistentes.

Publicidade

No caso de aplicación para o ictus, os cidadáns terán a oportunidade de recoñecer a través da realidade virtual os síntomas que caracterizan a unha das enfermidades que provocan maior mortalidade e que está a experimentar un crecemento en Europa, especialmente nas zonas máis envellecidas como é o caso de Galicia. A aplicación recrea escenarios virtuais no que unha persoa pode sufrir un ictus e, ademais, inclúe información para os profesionais sanitarios que poden identificar con maior celeridade esta enfermidade. Este é un factor moi importante nunha doenza no que o tempo de actuación é fundamental.

A aplicación que axudará aos pacientes na radioterapia está inicialmente deseñada para as mulleres que sofren cancro de mama e teñen que recibir radiación nunha zona que é especialmente difícil  de tratar polo movemento na zona que produce o ritmo respiratorio. A realidade virtual axudará a que as doentes perdan o medo a un procedemento que pode resultar moi intimídante e a que podan aprender técnicas de respiración que minimicen o movemento na zona do peito durante a radiación. Deste xeito se consegue un mellor resultado do tratamento.

Ámbalas dúas aplicacións contarán con apps para utilizar nos smartphones, aplicación de escritorio e páxina web. Deste xeito se quere facilitar o máximo posible o acceso de cidadáns e traballadores sanitarios a estas ferramentas.

Segundo explica Lucía Maneiro, directora de PsichoVR, ambas apps contarán coa posibilidade de seren utilizadas con gafas de Realidade Virtual pero tamén poderán verse no formato de Realidade Aumentada e de Vídeo 360. Deste xeito se conseguirá estender o máximo posible o emprego destas ferramentas.

“Non será necesario contar cunhas gafas de realidade virtual de gran calidade para utilizar as aplicacións. Bastará cun smartphone e outro tipo de gafas que se utilizan habitualmente para outras cousas para sacarlle rendemento a estas aplicacións que resultan moi inmersivas. O noso obxectivo é facer que o paciente e o profesional podan atopar unha experiencia o máis real posible”, sinala Maneiro.

Un dos obxectivos destes proxectos de realidade virtual é o de achegarse ao maior número posible de pacientes e profesionais. Cun smartphone xa se pode acceder ás aplicacións

As empresas PsicoVR e Netex resultaron gañadoras do concurso público de Compra Innovadora que se realizou para poñer en marcha estes proxectos. A directora de Acis, Beatriz Allegue, destacou onte que a axencia está apostando polas novas tecnoloxías na formación dos profesionais para ofrecerlles máis posibilidades de acceder a unha formación de calidade.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Xesús Almuiña, explicou que a partires do mes de maio entrará en funcionamento a nova plataforma de formación sanitaria que poderá ser utilizada tanto por profesionais como por pacientes. Destacou ademais que o plan de formación para este ano prevé un maior número de accións formativas e de prazas ofertadas que en 2019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificada unha proteína clave na recuperación tralo ictus

En España, unha persona sofre un accidente cerebrovascular cada seis minutos

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas

Un equipo galego usa nanopartículas para mellorar o tratamento da fase aguda do ictus

Investigadores do IDIS e da USC reducen os efectos secundarios da única terapia farmacolóxica dispoñible para abordar a enfermidade

A estratexia de oncoloxía de precisión do Sergas personalizará terapias en 2024

A utilización da análise xenética e a fabricación de medicamentos CAR-T serán algunhas das ferramentas para avanzar neste terreo